Morre un octoxenario tras ser atropelado por un camión en Vigo

Oficinas del 112 en Santiago. EP
photo_camera Instalacións do 112. EP

Un home de 89 anos perdeu a vida na tarde deste venres tras ser atropelado por un camión articulado en Vigo. Segundo informou o 112 Galicia, os feitos ocorreron algo antes das 16.45 horas, cando varios particulares alertaron de que un home fora atropelado.

O suceso tivo lugar na PO-502, a estrada de Camposancos, á altura da parroquia de San Miguel de Oia. 

Os xestores de urxencias alertaron aos servizos sanitarios, aos Bombeiros de Vigo, á Garda Civil de Tráfico e á Policía Local. Unha vez no lugar do suceso, os servizos sanitarios non puideron facer nada por salvarlle a vida ao home.