Muse colga o cartel de completo en Balaídos en menos de 24 horas

Puxéronse á venda 15.000 entradas para o concerto que a banda británica dará o 8 de setembro ► Os avances nas obras do estadio poderían favorecer un aumento de localidades no aforamento
Matthew Bellamy, líder de Muse. AEP
photo_camera Matthew Bellamy, líder de Muse. AEP

As entradas para asistir ao concerto que a banda británica Muse ofrecerá en Vigo o 8 de setembro esgotáronse en menos de 24 horas, segundo anunciou este venres a Live Nation España nas súas redes sociais.

En total puxéronse 15.000 localidades á venda, 5.000 delas en preventa o xoves para os socios do Celta de Vigo, e as 10.000 restantes este venres, e á primeira hora da tarde a produtora anunciaba que colgaba o cartel de completo.

Certo que non se esgotan aquí as posibilidades de presenciar o concerto, xa que a organización espera que se poidan levar a cabo reformas moi básicas”, segundo o promotor de Muse, Farruco Castromán, nas saídas de evacuación e urxencia que poderían ampliar notablemente o aforamento do concerto, o cal incluso podería ser maior en función de como evolucionen as obras de reforma da bancada de Marcador, actualmente en marcha.

A organización calcula que, en todo caso, non chegarán a 5.000 as entradas extra que poidan saír á venda.

As entradas do concerto de Muse, iniciativa da Xunta de Galicia no marco das celebracións do Xacobeo 21-22, saíron á venda a un prezo único de 65 euros

Comentarios