martes. 20.04.2021 |
El tiempo
martes. 20.04.2021
El tiempo

Once positivos nun brote de coronavirus detectado no albergue municipal de Vigo

Albergue municipal de Vigo. GOOGLE MAPS
Albergue municipal de Vigo. GOOGLE MAPS
O centro permanecerá pechado en confinamento durante dúas semanas

Un brote de covid-19 detectado no albergue municipal de Vigo, situado na rúa Marqués de Valterra, suma polo menos once contaxios, dez usuarios e unha traballadora, informaron fontes municipais.

O centro permanecerá pechado en confinamento durante dúas semanas, polo que durante este período tamén se suspenden os servizos externos: hixiene, talleres, lavandería e sala de lecer.

Estes positivos foron detectados tras as probas aleatorias (PCR) que se realizan de forma sistemática a usuarios e traballadores do albergue, en coordinación con Sanidade.

As persoas infectadas foron trasladadas fose do centro, en coordinación co Servizo Galego de Saúde (Sergas), "seguindo o rigoroso protocolo para estes casos", recalcan as fontes. 

Once positivos nun brote de coronavirus detectado no albergue...
ç