Outra avaría do Falcon do presidente deixa en terra a Margarita Robles en Vigo

É a segunda vez nos últimos días que falla un dos avións da flota oficial
Avión Falcon de la fuerza aérea. LUC VERKURINGEN
photo_camera Avión Falcon da forza aérea. LUC VERKURINGEN

O Falcon da forza aérea que debía trasladar á ministra de Defensa en funcións tras a súa visita á escola naval de Marín sufriu unha avaría e deixou a Margarita Robles e outros altos cargos do seu departamento plantados en Peinador sen medio de transporte. Segundo informa a dixital La Información, a aeronave, unha das que conforman a flota oficial de Casa Real e autoridades do Estado, experimentou problemas á hora de despegar, polo que se cancelou o voo e o avión quedou no aeródromo vigués para a súa reparación.

É a segunda vez nos últimos días que un dos Falcon falla. Hai unha semana, o xefe do Executivo, Pedro Sánchez, tivo que anular un acto de campaña en Murcia por problemas técnicos do avión no que viaxaba. Entón a nave si chegou a despegar, pero pouco despois o piloto detectou unha despresurización e decidiu regresar á base por cuestións de seguridade.

Os Falcon teñen xa máis de tres décadas, o que podería explicar o por que destas recorrentes avarías.

Comentarios