Peinador estrea unha nova ruta estival entre Vigo e Palma de Mallorca

A compañía Air Europa enlazará todos os luns a capital balear coa cidade olívica

Aeropuerto de Peinador. SALVADOR SAS (EFE)
photo_camera Aeroporto de Peinador. SALVADOR SAS (EFE)

Air Europa incorporou desde este luns ata setembro unha nova frecuencia semanal entre Palma de Mallorca e Vigo, segundo informou a compañía aérea nun comunicado. 

O primeiro voo desta ruta despegou este mediodía do Aeroporto de Son Sant Joan, en Palma, ás 14,30 horas e a súa chegada a Peinador produciuse dúas horas despois. 

O voo de regreso, pola súa banda, saíu de Vigo ás 17,15 horas para tomar terra no aeroporto mallorquino ás 18,55 horas. 

Concretamente, a división aérea do grupo turístico Globalia enlazará todos os luns a capital balear coa cidade olívica coa súa flota Boeing 737-800, con capacidade para 186 pasaxeiros, dos que 12 voan en clase Business. 

Comentarios