A Policía Nacional de Vigo alerta dun incremento de estafas por Whatsapp

Os estafadoes faise pasar un familiar que se atopa en problemas
WhatsApp. EFE
photo_camera WhatsApp. EFE

A Policía Nacional de Vigo alertou este martes dun incremento de estafas cometidas por WhatsApp, nas que a victima recibe unha mensaxe dun número descoñecido facéndose pasar por un familiar próximo para solicitarlle de xeito urxente unha cantidade de diñeiro, co fin de facer fronte a un problema inesperado.

Para lograr o engano, os estafadores alegan que non poden comunicarse directamente co seu teléfono habitual debido a supostos problemas co terminal que lles impide facer chamadas, destaca a Policía Nacional.

"As vítimas, aínda que en ocasións teñen dúbidas, non comproban a veracidade da mensaxe, nin a identidade dos seus familiares, e acceden a realizar trasferencias, tal e como lles solicitan", sinalan as forzas de seguridade no seu comunicado.

Os estafadores fanse pasar  por un familiar próximo para solicitarlle de xeito urxente unha cantidade de diñeiro, co fin de facer fronte a un problema inesperado

En caso de recibir esta mensaxe, a Policía Nacional recomenda non perder a calma e asegurarse antes de facer ningún pago de que a persoa que está a contactar é realmente un familiar.

E é que unha vez que se realiza a transacción, as vítimas xa non poden cancelar a trasferencia, a pesar de que as cantidades defraudadas efectúanse en distintos pagos e o número de teléfono desde o que se solicita o diñeiro coincide co destinatario da trasferencia.

Comentarios