Rescatado un home que practicaba windsurf en Nigrán

O deportista sinalaba que estaba no mar, en Nigrán, entre a praia de Patos e Monteferro, e que non tiña forzas para volver á beira
Salvavidas. PIXABAY
photo_camera Salvavidas. PIXABAY

Os socorristas rescatan a unha persoa que practicaba windsurf en Nigrán. Foi o propio particular quen, pasadas as seis da tarde, púñase en contacto co 112 Galicia para solicitar axuda para saír da auga. O deportista sinalaba que estaba no mar, en Nigrán, entre a praia de Patos e Monteferro, e que non tiña forzas para volver á beira.

Con esta información, os xestores do CIAE-112 Galicia deron aviso a Salvamento Marítimo e aos socorristas da praia, que xa tiñan coñecemento da incidencia e ían camiño do alertante cunha embarcación. Ademais, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia, tamén se informou ao Servizo de Gardacostas de Galicia, á Policía Local e á Protección Civil de Nigrán.

Afortunadamente, os socorristas confirmaron que o particular fora trasladado ata o areal pola embarcación de socorrismo e que non necesitou asistencia sanitaria.

Comentarios