Reabren catro polígonos de bateas e a ría de Vigo volve estar libre da marea vermella

Permanecen clausurados dous en Cangas, outro en Baiona e o de Corme

Los bateeiros advierten de que polígonos de mejillones también estarían en peligro. F.S.
photo_camera Bateas. F.S.

Un total de catro polígonos de bateas reabriron á extracción este venres na ría de Vigo, tras concluír as análises do Instituto Tecnolóxico de Galicia (Intecmar) que xa non hai presenza da toxina paralizante, PSP.  Deste xeito, todas as bateas da ría quedaron libres da marea vermella que afectou de forma virulenta o cultivo de mexillón en xullo, logo da apertura este venres de tres polígonos en Redondela (C,D e E), así como o de Vigo A. 

Pola súa banda, en toda Galicia permanecen pechados á extracción só catro polígonos dos 51 existentes, de forma que están operativos máis do 90%. En concreto, hai dous clausurados na ría de Pontevedra (en Cangas), outro en Baiona e o de Corme, que leva sen abrirse desde 2013. 

Ademais, levántase o peche á extracción nunha zona de marisqueo da ría de Vigo —zona II.1— de moluscos infaunales —berberecho, ameixa, navalla-- que tamén estaba afectada pola toxina paralizante. 
 

Comentarios