Rescatada unha persoa con desmaios nas illas Cíes

Tivo que ser trasladada na Salvamar 'Mirach' a terra, onde lle esperaba unha ambulncia

Islas Cíes. ARCHIVO
photo_camera Illas Cíes. ARQUIVO

Unha persoa que sufría desmaios foi rescatada este sábado nas illas Cíes, informa Salvamento Marítimo.

A embarcación Salvamar 'Mirach' acudiu na tarde deste sábado ao arquipélago tras ser mobilizado polo Centro de Coordinación de Fisterra.

Nas Cíes recolleu á persoa e trasladouna ao porto de Vigo, onde esperaba unha ambulancia para o seu traslado posterior a un centro hospitalario.