O Sergas detecta oito positivos entre os participantes dunha festa ilegal en Vigo

En total había unhas 200 persoas no festexo ilegal, que se celebrou nun establecemento da praia de Samil
Policía Local de Vigo. DP
photo_camera Policía Local de Vigo. DP

O Sergas detectou oito casos positivos de covid-19 entre as aproximadamente 200 persoas que, segundo a Policía Local, participaron nunha festa ilegal nun establecemento da praia de Samil o pasado 27 de marzo.

Segundo confirmaron a Efe fontes do Sergas, tras a detección dun positivo entre os asistentes á festa, apareceron outros sete que tamén estiveron esa noite alí.

En consecuencia, a Consellería de Sanidade fixo un chamamento a todas as persoas que estiveron na festa para que se fagan unha proba diagnóstica.

A festa, que foi denunciada pola Policía Local, tivo lugar un sábado pola noite aínda en horario habilitado para que a hostalería manteña as portas abertas.

No interior do establecemento había unhas 50 persoas, mentres que o resto concentrábase na terraza do local, no que puña música un Dj. 

Comentarios