Soben a 27 os sanitarios illados no Álvaro Cunqueiro tras o positivo dunha paciente

Hospital Álvaro Cunqueiro. ADP
photo_camera Hospital Álvaro Cunqueiro. ARQUIVO

Os sanitarios do Hospital Álvaro Cunqueiro que se atopan illados nas súas casas tras estar en contacto cunha paciente á que ían someter a unha operación de cadeira e que deu positivo na proba PCR que se lle practicou antes da intervención aumentaron a 27.

Trátase de oito enfermeiras, once auxiliares e oito celadores, todos da planta de Neuroloxía, segundo confirmou o Sergas, e permanecen illados “como medida de precaución”, tal e como mandan os protocolos.

Todos eles mantiveron contacto coa paciente, unha muller de 77 anos que permaneceu varios días ingresada á espera de ser intervida cirurxicamente e que deu positivo pero é asintomática.

Actualmente, no Área Sanitaria de Vigo hai 75 pacientes activos con Covid-19, segundo datos difundidos polo Sergas. Deles, un permanece na Uci, dúas están hospitalizados e o resto mantéñense illados nos seus domicilios.

Por outra banda, oito pacientes recibiron o alta, co que son 2.205 as persoas que venceron ao virus na área de Vigo.

Comentarios