A Xunta obrigada a pagar a Vigo un millón de euros polo IBI do Cunqueiro 

O fallo do Tribunal Supremo ratifica a sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia
Hospital Álvaro Cunqueiro. ADP
photo_camera Hospital Álvaro Cunqueiro. ADP

Unha sentenza do Tribunal Supremo obriga á Xunta de Galicia a pagar ao Concello de Vigo 1.026.422 euros en concepto do IBI correspondente ao hospital Álvaro Cunqueiro.
Así o anunciou este mércores en rolda de prensa o alcalde da cidade, Abel Caballero, que asegurou "de forma coloquial" que a Xunta pretendía "birlarle" un millón de euros á cidade.

O fallo do Supremo, que é firme, ratifica o recurso de casación interposto pola Xunta tras a sentenza no mesmo sentido do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) e obriga así ao Goberno galego a asumir as costas do proceso.

Segundo o alcalde, a sentenza "rexeita de plano" a pretensión da Xunta de non pagar o IBI.

"A Xunta só contempla Vigo para levar diñeiro", dixo o alcalde , que celebrou a decisión do Supremo e criticou que o Executivo galego intentase ata en tres ocasións "defender os intereses dun hospital privado –como define o Cunqueiro querendo quitar diñeiro á cidade". 

Comentarios