Os traballadores de Povisa reclaman un acordo "xusto" co Sergas e non un "parche"

Houbo unha concentración ás portas do hospital privado vigués, que entrou hai semanas en preconcurso de acredores

Entrada del Hospital Povisa. DP
photo_camera Entrada do Hospital Povisa. DP

Traballadores de Povisa concentráronse este martes ás portas do hospital, ao berro de "Povisa culpable, Sergas responsable", reclamando un acordo "xusto" entre empresa e Sergas e non un "parche" ao que pretenden chegar ambas as partes, segundo asegurou a presidenta do Comité de Empresa, María Xesús Neira. O hospital privado anunciou hai varias semanas a súa entrada en preconcurso de acredores. 

Os sindicatos están convencidos de que os acordos aos que están a chegar Povisa e Sergas só beneficiarían á empresa e en ningún momento aos traballadores que, en ningún caso, "verían melloradas as súas condicións laborais". "Non hai grandes avances e os que hai, só favorecen a Povisa e non aos traballadores", insistiu Neira. 

Os sindicatos criticaron que as negociacións non contemplan, en ningún momento, subidas salariais para os traballadores nin a contratación de máis persoal. "Fan falta máis traballadores para atender ás 139.000 cartillas do Sergas", recordaron.

A presidenta do Comité de Empresa anunciou máis mobilizacións para os próximos días e asegurou que seguirán ata que se chegue a un acordo "xusto" para todas as partes. "Estamos convencidos que de que haberá acordo antes de que acabe o ano xa que nos lles convén que entren en concurso de acredores", finalizou Neira. 

Comentarios