Un vándalo sóbese a lombos do popular Dinoseto e decapita a súa cría

Un particular gravou o ataque aos famosos arbustos da viguesa Porta do Sol

Decapitación de Dinosetiño. TWITTER
photo_camera Decapitación de Dinosetiño. TWITTER

Dinoseto, o popular arbusto que Abel Caballero colocou na Porta do Sol de Vigo hai xa máis de tres anos, e a súa cría, Dinosetiño, foron vítimas dun acto vandálico. Un mozo subiu a lombos do máis veterano dos sebes de madrugada e despois saltou sobre o máis pequeno, decapitándoo. A escena foi gravada por un particular que a colgou nas redes sociais, provocando a indignación de centos de vigueses.

E é que Dinoseto é xa unha icona da cidade olívica, onde chegou pouco antes das eleccións municipais de maio de 2015. A súa aterraxe foi convulsa: apareceu por sorpresa nunha rotonda da rúa Rosalía de Castro, aínda que a súa verdadeira localización era, segundo explicou entón o Concello, un parque infantil de Navia.

No entanto, o éxito que tivo en tan só unhas horas fixo que Abel Caballero decidise colocalo na céntrica Porta do Sol, onde se converteu na todo un atractivo turístico. É típico xa facerse fotos xunto a el, unha tradición que cumpriron o actual presidente do Goberno, Pedro Sánchez, ou o músico James Rhodes, entre outros. Incluso ten videoxogo propio

Un ano e varios meses logo da chegada de Dinoseto aterraron tamén na cidade as súas crías. Unha delas, o Dinosetiño, foi colocada ao seu lado. É o arbusto que agora sufriu as peores consecuencias do ataque vandálico.

Comentarios