Vigo inclínase por novo encoro xunto ao de Eiras como solución ao abastecemento

O rexedor insiste en nbsp;garantir&o abastecemento de Vigo mediante un transvasamento de urxencia desde o río Verdugo mentres non se conte con outra altenativa

Abel Caballero preside la Federación Española de Municipios y Provincias (Femp). ADP
photo_camera Abel Caballero. ADP

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, expresou este xoves a súa preferencia pola construción dun novo encoro na cola do de Eiras, que practicamente duplicaría a súa capacidade, como solución técnica aos problemas de abastecemento da comarca nun eventual episodio de seca como o do pasado outono.

Caballero manifestouse nestes termos tras a confirmación por parte do Ministerio de Transición Ecolóxica de que convocará en breve á Xunta, ao Concello de Vigo, a Augas de Galicia e á Confederación hidrográfica Miño-Sil a unha reunión para analizar as distintas alternativas.

Esgrimiu razóns de custo, ambientais e de calidade da auga para decantarse pola opción de facer unha nova presa na cola da de Eiras, fronte a outras como o transvasamento desde o río Miño ou o recrecido, é dicir, a ampliación dos muros do encoro existente, sobre a que existen dúbidas técnicas, dixo.

Sexa cal for a opción elixida, Caballero advertiu de que levará o seu tempo e entre tanto hai que garantir o abastecemento de Vigo e área mediante un transvasamento de urxencia desde o río Verdugo.

E é que, desde o seu punto de vista, "nada garante" que o outono vaia ser máis chuvioso que o de 2017, cando chegou a sopesar abastecer de auga á cidade mediante barcos cisterna, o que custaría da orde de 20 "millóns ao mes".

Criticou que o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, queira que a cidade "quede sen auga" e pregoase en diferentes medios que a auga de Vigo "non era potable", algo que supón "unha vergoña" e que é "querellable".

Comentarios