Inmobilizado en Vigo un patinete eléctrico que alcanzaba os 43 km/h

A normativa estipula que este tipo de vehículos non poden exceder os 25 km/h

Un patinete eléctrico foi inmobilizado en Vigo despois de que axentes da Policía Local comprobasen que alcanzaba unha velocidade 43 quilómetros por hora e de que o seu condutor non puidese acreditar que era o seu propietario

Segundo trasladaron fontes policiais, os feitos tiveron lugar na cale Brasil sobre as 23.52 horas deste domingo, cando unha patrulla observou un vehículo de mobilidade persoal (VMP) que circulaba a gran velocidade. 

Por este motivo, identificouse ao condutor, W.O.G., domiciliado en Vigo e de 32 anos de idade, e realizouse un exame do patinete eléctrico. Así, comprobouse que alcanzaba unha velocidade máxima de 43 quilómetros por hora a pesar de que a normativa estipula que non debe superar os 25. 

Así mesmo, verificouse que carecía dunha etiqueta identificativa e que dispuña dun sillín incorporado, o que motivou que se confeccionase unha denuncia por infrinxir a normativa

Dado que o seu condutor non puido acreditar que era o propietario do vehículo e non dispuña dunha factura na que se puidesen comprobar as súas características técnicas, procedeuse a inmobilizar o patinente eléctrico e a trasladalo ao depósito municipal.

Comentarios