A xuízo un home que se fixo pasar por vidente para abusar dunha menor en Vigo

A Fiscalía solicita penas que suman 25 anos e medio de prisión
Sección quinta de la Audiencia de Pontevedra, con sede en Vigo. GOOGLE MAPS
photo_camera Sección quinta da Audiencia de Pontevedra, con sede en Vigo. GOOGLE MAPS

A Fiscalía solicita penas que suman 25 anos e medio de prisión para un vigués acusado de perpetrar dous delitos continuados de abusos sexuais a unha menor de 15 anos e con discapacidade psíquica e dun terceiro delito por concertar contactar con ela polo móbil, facéndose pasar por unha vidente de Valencia.

O xuízo arrinca o xoves na Audiencia Provincial en Vigo e o ministerio público tamén pide que se impoña ao presunto pederasta a prohibición de achegarse á moza durante 41 anos. A isto súmase unha medida de liberdade vixiada por 19 anos e a participación en programas de reeducación sexual.

Segundo o escrito de acusación do fiscal, os feitos arrincaron en xuño de 2017, cando a nena acudiu cunha amiga a casa do investigado. Esa mesma noite durmiron xuntos e o home "aproveitou para satisfacer os seus desexos sexuais, realizándolle tocamentos e intentando penetrala".

A situación repetiuse a noite seguinte. Meses despois, a menor contactou co procesado mediante o Whatsapp e comezaron a intercambiar mensaxes. Así mesmo, a través doutro teléfono "da súa titularidade" o procesado abordou á moza "case a diario" facéndose pasar por unha vidente que botaba as cartas en Valencia.

Con esta artimaña convenceuna para que mantivese relacións con el. Así logrou quedar con ela nun monte en decembro de 2017, onde a penetrou, un feito que volveu repetir sabendo que non cumprira os 16.