A Xunta sobre o accidente no Marisquiño: "O lóxico é que estes informes xa se coñecesen"

Alfonso Rueda ve "lóxico" que os afectados presenten denuncia, pois "moitos explicaban que a razón" para facelo é que se saiban as causas" do sucedido

Alfonso Rueda. VICTORIA RODRÍGUEZ
photo_camera Alfonso Rueda. VITORIA RODRÍGUEZ (ARQUIVO)

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, cre que "non hai que pór o foco" nos organizadores do festival O Marisquiño polo accidente ocorrido, "porque loxicamente se estes organizadores fixeron o concerto é porque alguén llo autorizou". 

De tal forma, considera que "é necesario saber se a autorización do concerto, que foi do Concello, se fixo facendo todas as comprobacións necesarias", "sabendo ademais que o lugar no que se quería facer xa tivera moitos avisos anteriores de que non estaba en condicións adecuadas". 

A preguntas da prensa, Roda sinalou que "o alcalde de Vigo di que deu autorización o Concello porque había informes técnicos que din que o avalaban". "O lóxico é que estes informes, cando xa van catro días do accidente, xa se coñecesen, e o certo e verdade é que non se coñecen", censurou. 

Por iso, considera que mentres non se coñezan (os informes) a dúbida de se realmente o Concello fixo o que tiña que facer ou non siga no aire". 

Neste sentido, ve "lóxico" que os afectados presenten denuncia, pois "moitos explicaban que a razón" para facelo é que se saiban as causas" e "como foron as autorizacións para evitar que se volva a repetir". 

"O fundamental é saber que pasou para evitar que volva pasar", sentenciou. Así mesmo, recorda que é un proceso xudicializado, polo que "ao final terá que ser o xuíz o que determine responsabilidades". 

Comentarios