A Xunta pide a Vigo, Nigrán e Baiona que intensifiquen o aforro de auga ante a seca

Os encoros de Zamáns e Bahíñas están coas reservas un 25% por baixo das do ano pasado
Una fuente echando poca agua (Sequía). ANXO LORENZO
photo_camera Una fuente echando poca agua. ANXO LORENZO

A Xunta de Galicia instou aos concellos pontevedreses de Vigo, de Nigrán e de Baiona a que intensifiquen as medias de aforro de auga ante os niveis dos encoros de Zamáns e de Bahíñas, cuxas reservas se sitúan moi por baixo da media a estas alturas do ano, ao presentar unha ocupación un 25% inferior á do ano pasado. 

Precisamente este mércores o xerente de Augas de Galicia, Gonzalo Mosqueira, mantivo unha reunión con representantes municipais de Vigo e de Baiona para analizar a situación dos recursos hídricos da zona. Tamén estaban convocados representantes do Concello de Nigrán, pero non acudiron ao encontro. 

Augas de Galicia expuxo a evolución de ambos os encoros, que evidencia a alta demanda de auga na zona, en contraposición co baixo nivel de precipitacións, segundo recolle o Goberno galego nun comunicado. 

Por iso, a Administración autonómica ha solicitado aos concellos datos máis precisos sobre o consumo de auga, así como información sobre as medidas que xa se estaban adoptando e as que se prevé tomar ante a situación actual e en caso de empeoramento. 

"O obxectivo é facer un seguimento detallado e coordinado da situación, ao que se comprometeron todos os asistentes á reunión deste mércores", engadiu Augas de Galicia. 

Esta reunión produciuse días despois de que o Executivo galego mantivese outro encontro cos concellos que se abastecen desde o río Lérez e desde o Anllóns, que tamén presentan escasos niveis de auga pola falta de choivas. 

Comentarios