A Xunta restaurará a excoleiata e Igrexa de Santa María de Baiona

O templo está catalogado na listaxe de declaración de Ben de Interese Cultural

Excolegiata de Santa María de Baiona. TURISMO GALICIA
photo_camera Excolexiata de Santa María de Baiona. TURISMO GALICIA

O conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, anunciou este luns que a Xunta investirá máis de 500,000 euros na restauración da igrexa e excolexiata de Santa María de Baiona.

Unha actuación na que está prevista a reparación total da cuberta, a limpeza e rexuntado de pedras das fachadas para evitar filtracións; así como o arranxo e axuste das vidreiras e os paramentos interiores.

Esta igrexa está incluída na listaxe de declaración de Ben de Interese Cultural coa categoría de conxunto histórico, así como no ámbito de protección do Camiño Portugués do Patrimonio Cultural de Galicia.

A administración autonómica espera licitar as obras a finais de ano, en función da dispoñibilidade orzamentaria.

Román Rodríguez aproveitou a súa visita a Baiona para comprobar o estado da biblioteca municipal tras o investimento de máis de 40,000 euros realizada pola Xunta na renovación destas instalacións.

Unha biblioteca situada nun edificio do século XVII e que conta con fondos como estudos vinculados a Baiona ou o descubrimento de América.
 

Comentarios