Alba Moledo Ucha | A fouce
Alba Moledo Ucha | A fouce
Protesta en Arlington. EFE

O algoritmo en contra

Decenas de pezas de roupa tendidas, inertes, esfuracadas, e manchadas do vermello que simula o sangue que aquí se nos antolla un imposible, pero que é moi real á outra beira do Mediterráneo, ondean ao ar cunha suavidade que produce calafríos. A visión vólvese impactante nunha vila da provincia de Pontevedra e o silencio, enxordecedor. Nalgún momento batín coa imaxe, pero...
'Consellos' dirixidos ás mulleres de 1930 en 'El Sol'. A.M.U.

A lección

VAI alá xa á beira dun século completo que xornais coma o madrileño El Sol  colocaban baixo cabeceiras do tipo 'La mujer, el niño y el hogar' infundados consellos dirixidos a aquela chamada 'muller moderna', cuxo xurdimento o patriarcado de turno non puido evitar, pero que se esforzou en 'educar'. Agochados tras os seudónimos femininos, unha inmensa maioría de...
Público nun festival. DP

Xeracións

Hai uns días, un coñecido xornal de tirada nacional lanzaba ao público a resposta, seria e argumentada por presumibles expertos nunha materia pola que aínda ninguén preguntara, para dar as claves dunha suposta nova febre pola música en directo. Recollía o detallado artigo certas impresións sociolóxicas sobre unha xeración de mozos e mozas castigada pola pandemia, que viña...
O accidente na ponte de Baltimore. EFE

Saír ao mundo

ASOMARSE ESTES días ao borde de calquera xanela dixital é como asistir dende a primeira fila ao paso dun furacán que todo o arrasa, pero sen despeitearnos. Almorzamos onte coa choiva fóra, batendo a cachón nas rúas da nosa pequena e fermosa cidade, ollando a través das pantallas cara unha veciña poboada de rañaceos, da que tan só nos separa todo o ancho do Atlántico en...
As xornalistas Olga Viza e Susana Pedreira en 'As mulleres que opinan son perigosas' 2024. DAVID FREIRE

As de toda a vida

Temos un poder. Ninguén coma nós sabe, interpreta, atende, coida e coñece o propio. O de toda a vida. Cada palmo de rúa, cada expresión retranqueira, os costumes e, que non é pouco, o funcionamento das nosas institucións. Temos un poder e, aínda así, coido que nunca o imos asimilar de todo. A ollada limpa, sen a contaminación da capital que, nesta profesión, sempre foi a...
Ana Peleteiro coa súa filla dun ano en brazos celebrando o bronce no Mundial de Glasgow hai uns días. EFE

O teito de plástico

Chegada, celebrada a golpe de 'tequifresa' e 'brilli brilli' ou en vías de asimilación, a chamada -non sen bastante retranca e cachondeo- crise que nos dispoñemos a atravesar aquelas nacidas en 1994, e que comeza a apropiarse das conversas nas tardes de terraceo e cafés improvisados entre amigas, ten un 40% de drama gustosamente finxido e un 60% de temible realidade....
Manifestación polo 8-M en Pontevedra. DAVID FREIRE/ARQUIVO

Fala o machismo

NESTE 8-M que chama xa ás portas do mes que remata en cuestión de horas, con marzo abrindo paso aos montes e moreas de programacións institucionais, volveremos asistir a coloquios sobre a figura de grandes mulleres. O nome de xornalistas, escritoras e científicas afortunadamente hai xa décadas consagradas pola historia repicarán de novo naqueles oídos xa ben adestrados...
Madamas e Galáns no Entroido de Vilaboa este 2024. RAFA FARIÑA

Un acto de amor

O oso de Salcedo, impoñente, baixa do monte para capturar a todo aquel que non logre escapar das súas gadoupas. A tradición das Pantallas de Xinzo, que pasa de pais a fillas coma a máis seria e valiosa das herdanzas, e que vai alén dun traxe e unha máscara, ata volverse case intanxible. Un sentimento que flota no ar. As Madamas e Galáns de Cobres bailan, e bailan e bailan,...
Participantes no debate. FERRÍN

Traxicomedia en catro actos

"Non quería deixarte, pero tiven que facelo. Non quería pelexar, pero fixémolo. Perdón por chorar, pero lembrei que... Acabo de gañar o meu primeiro Grammy!" O fragmento adaptado de Flowers ao estelar e empoderado momento de Miley Cyrus que deu a volta ao mundo nas últimas horas podería ser tamén a banda sonora da traxicomedia en catro actos emitida este luns pola...
Conmemoración nun centro escolar. DP

Canción da Paz

Teño na cabeza unha imaxe, de cando era moi cativa, no colexio de Campañó, que evoco dende unha perspectiva que seguramente non superaba nin o medio metro de altura. Non podía verme, pero intuía os meus ollos graves, serios, cravados no círculo de nenos e nenas máis maiores, doutros cursos, entoando o No dudaría  de Antonio Flores, mentres eu murmuraba baixiño...
Palestinos desprazados de Khan Younis cara os campamentos de Rafah. HAITHAM IMAD

Fame catastrófica

AS CIFRAS comezan a rechiar nos titulares. Do inicio do xenocidio contra o pobo palestino a principios de outubro, cando Israel case conseguía colarlla a toda unha comunidade internacional que, lembremos, hai só  tres meses permitíase o luxo da ‘opinión dividida’ nos medios de comunicación, pasamos ao escándalo. Para chegar a este punto na UE, tiveron que morrer...
Ryan Gosling e Margot Robbie na 'premiere' de 'Barbie'. EFE

Kenficientes

HAI ALGO na enquisa do CIS que non deixa de lembrarme á cara de confusión de Ryan Gosling ao saber que I'm just Ken , o tema que el mesmo interpreta como protagonista masculino en Barbie , gañaba como Mellor Canción nos Critics Choice Awards, especialmente fronte a What Was I Made For , de Billie Eilish, no marco da banda sonora dunha película que, canto menos, é unha...
Un grupo de voluntarios recollendo pellets na praia de A Mexilloeira de O Grove. JOSÉ LUIZ OUBIÑA

Tóxico

Non sei que opinan vostedes, pero ten toda a pinta de que a Madrid non chegaron os pellets. E que, se o Atlántico abrira a Península en canle, ao Goberno central non lle importaría que, tranquilamente, co paso das semanas, as fastidiosas boliñas foran arribando por si mesmas ao pé da Moncloa para ir analizándoas, abrir dilixencias, e todo ese incómodo papeleo, xa se...
A futbolista Jenni Hermoso á saída da Audiencia Nacional. EFE

Un século de deporte

"El refrán de '...la pierna quebrada y en casa' [...] El corsé y la literatura romántica remataron la triste obra. ¡Ah! En toda la historia de la humanidad resulta difícil hallar ser más estérilmente sacrificado que la mujer española del siglo XIX. [...] Este anhelo con que busca el deporte, esta fruición con que a él se lanza, es en la mujer moderna conciencia del...
Unha familia camiña ao longo do muro fronteirizo de EEUU, en Arizona. EFE/ Allison Dinner

Antipersoas

Macron, président des riches . O cartel, roído, apegado nunha parede a un par de quilómetros ladeira arriba, nas aforas dunha encantadora vila da Occitania francesa, era coma unha pequena luz que titilaba dende o seu recuncho esquecido. Coma unha pequena voceciña da conciencia que me tropezou coa vista lembrando que mesmo alí, naquela estrada de casiñas clonadas de tellado...
Unha muller palestina, durante as protestas na fronteira de Gaza e Israel. MOHAMMED SABER (EFE)

Eu querería

Eu querería escribir de música. De cine. De moda. De literatura, viaxes e tantas, tantas cousas, lugares e personaxes entrañables, actuais e xa esquecidos, que ás veces se me arremuíñan na cabeza coma un ciclón. Non me importaría, algunha que outra vez, pasar por aquí a contar anécdotas sobre a amizade, a divagar sobre o amor, facerme a interesante e rirme de min...
Manifestación en Pontevedra polo 25-N. DAVID FREIRE

Chao, 25-N

APENAS faltaban 48 horas para a conmemoración do 25-N cando Judith M.G, de 37 anos, apareceu asasinada detrás dun colector do lixo en O Porriño (área de Vigo). Asfixiada, e cun pano dentro da boca. O asasinato catalogouse, algunhas horas despois e tras a autopsia, como violencia machista, e as últimas informacións sinalan como autor a un home, a súa exparella, que xa fora...
Mans contra a violencia de xénero. JAVIER CERVERA-MERCADILLO

Por elas

NAS VÉSPERAS do 25-N que tantas mulleres levan gravado, cru, descarnado, unhas na memoria, e outras aínda na pel e no cerebro, penso en toda a violencia que me arrodea coma unha espiral que asolaga ao mundo. Dende as cifras máis cercanas, con 1.429 homes vixiados por violencia machista , 1.459 casos activos e aumentando ao ritmo de 100 por ano, segundo vén de recoller...

O inimigo

Coido que hai xente xa ben entrada en anos nesta cidade —e xa non digamos en Madrid— que saíu á rúa por primeira vez na súa vida esta fin de semana. Nin co "nunca máis" do Prestige, nin na meirande manifestación en defensa da sanidade pública que rexistrou a Boa Vila alá polo 2009, como ben recollía onte este xornal, nin moito menos no histórico 8-M de 2018. Coido tamén,...
Aitana Bonmatí gaña o Balón de Ouro. MOHAMMED BADRA

"No sea bárbaro"

Imaxinen que a admirada mundialmente actriz Meryl Streep tivera a desfachatez, aínda coa súa infinita experiencia e saber estar, de dirixirse ao público en inglés –moi de New Jersey– durante o seu aplaudido discurso ao recoller o Premio Princesa de Asturias o mes pasado. En España. Que a Aitana Bonmatí, a mellor futbolista recoñecida recentemente cun Balón de Ouro, se lle...
Inmigrantes salvados por Salvamento Marítimo. A. CARRASCO RAGEL (EFE)

O que mete medo

"Teníamos que hacer algo, se me encogía el estómago"; "Estarán en mi casa hasta que se habitúen y luego les dejaremos un piso", ou "a mis hijos no les importa compartir la habitación". Son algunhas das declaracións recollidas por este xornal o ano pasado, pouco despois de estalar a guerra en Europa, que provocou a meirande vaga de solidariedade que as novas xeracións...

Isto non vai de películas

QUIXERA vir aquí a falar sobre cine. Sobre o moito que me gustou a última película de Scorsese que vin esta fin de semana no cine e que, ademais, ten a mestría de poñer no seu sitio un novo episodio de terror yankee  descoñecido para a maioría no que –oh, sorpresa!– as mulleres novamente son as vítimas directas. Ou gustaríame, por que non, empaparme do xenial...

Medo

Temos medo. Non se me ocorre outro motivo polo que deixar mudas as redes, e baleiros de palabras os papeis -palpables e dixitais- cos que a miúdo aqueles que contamos aínda que sexa cun pequeniño anaco de ventá social coma este, tentamos facernos eco, con certa conciencia, de cantas inxustizas sufrimos, vemos e condenamos. Mesmo algunhas veces hai que ser moi valente para...
Aitana nun concerto. EFE

Perdón por medrar

Durante o verán tiven a oportunidade de observar dende unha posición privilexiada o ‘show’ dalgúns artistas que, dende o pedestal da música máis comercial do momento, ao longo dunha ou dúas horas de actuación, non tiveron reparo en despregar todo un arsenal xestual acorde ás letras das súas cancións que, en liñas xerais, tiveron tres momentos clave que adoitan repetirse...
Investigación nas discotecas de Murcia, onde faleceron 13 persoas. EFE/JUAN CARLOS CAVAL

Máis vergoña

A boca aberta, os ollos coma pratos, e as cellas a punto de rebasar o límite da fronte. Non puiden articular palabra ata 20 segundos despois. E entón saíron todas xuntas, e a indignación instalouse no salón da miña casa ata o remate do documental. Na carreira nunca ninguén me falara do meirande bochorno mediático da historia deste Estado e eu, que nacín dous anos despois...
Rosario Maneiro nunha entrevista para Vida Salnés. JOSÉ LUIZ OUBIÑA

As nosas decisións

"A vida é un paso en falso. Iso é o que che vai marcar. Eu din un paso en falso cando tiña 19 anos e custoume moito sobrepoñerme. Fun nai solteira". Así, nunha entrevista con Alberto Avendaño publicada neste xornal, falaba Rosario Maneiro, unha mariscadora de Carril que leva ancorado na gorxa ese ton grave daquelas mulleres que viviron fondamente e, na mirada, o brillo...
Vox ríndose no Congreso. EFE

Non somos folclore

Dende que hai xa á beira de dez anos, nun local de cañas e tapas do barrio taurino por excelencia de Madrid, tiven unha discusión cun andaluz máis ou menos da miña idade que afirmaba non saber de ningún documento legal onde constara que o galego é un idioma, e que, convencido ata as trancas de tan maníaca tese, chegou a chamarlle dialecto á lingua dos meus avós, coa que eu...
Concentración en apoio a Jenni Hermoso. GONZALO GARCÍA

Chegar tarde

CHEGAR TARDE despois dunhas necesarias vacacións da profesión máis bonita, e tamén máis absorbente do mundo, a unha polémica - no Estado español somos especialistas en desdebuxar todo aquilo ao que non queremos chamarlle polo seu nome - ten tamén unha vantaxe. A de poder tomar perspectiva. A xusta para sentir a necesidade de devolver á actualidade uns feitos que transcenden...
Cara a Cara. ATRESMEDIA

Patio de colexio

Se algo se pode sacar en claro do último debate electoral televisado en prime time  é que, esencialmente, non houbo debate. De entre os choromiqueos dun e outro candidato puiden albiscar algún tenue intento por virar a trama cara un terreo xornalístico completamente denigrado pola pasividade de dous moderadores que empobreceron, máis se cabe, o enésimo bochorno...
Lewis Capaldi no concerto de Glastonbury. EFE

Un tronco ao que agarrarse

Cando en pleno concerto, no cumio da súa agardada actuación no Pyramid Stage de Glastonbury, a Lewis Capaldi (Glasgow, 1996) lle fallou a voz, o corpo, e a vontade quedou anulada polos espasmos do síndrome de Tourette, miles de voces espontáneas emerxeron de entre o público para sostelo, transformando a tristeza do querer e non poder, a frustración, e seguramente a vergoña,...