Chus Gómez / Non tes tu fe
Chus Gómez / Non tes tu fe
As mulleres que opinan son perigosas. DP

Que non nos quiten a voz

Se algún martes non me ven por aquí, neste recuncho da Internet cunha fotiño de hai cinco anos, de cando era máis nova e máis delgada, pode ser por varias razóns: que non tivera traballado a véspera, que non me dera tempo a escribir o artigo, ou que, simplemente, non atopara o tema máis acaído, as palabras mellor conxuntadas ou a frase lapidaria -pero non demasiado, ollo-...
MUSEO As mulleres que opinan son perigosas Charla de Marta Otero La Opinion e Maria Piñeiro El Progreso  (Beatriz_Císcar_325.JPG)

O perigo necesario

Agardei a presentación da vindeira edición do foro As mulleres que opinan son perigosas  coa habitual mestura de emoción e intriga, como cando se espera a programación do festival de música favorito, pois máis aló dos alicerces que substentan esta imprescindible cita anual, é tamén a grande oportunidade de escoitar en vivo e en directo a mulleres que teñen moito...
Estación de autobuses de Pontevedra. JAVIER CERVERA-MERCADILLO

Sobre rodas? Todo o contrario

HAI APROXIMADAMENTE 23 anos a miña amiga Estrella empezou a referirse a min como Chus la del bus , un apelativo que agora non só recordo con cariño, senón con certa nostalxia. Non porque bote moito en falta depender dun servizo de liña regular para ir de compras, para ir ao instituto, para ir á Universidade, para saír de festa ou para vir traballar naqueles cambio de...
Interior de una tienda de Carolina Herrera. SOCIEDAD TEXTIL LONIA

A confección, un acto político

"La confección es un acto político ", dixo Ramón Santos, un rapaz da Coruña que hai cinco anos colleu o traspaso dunha mercería coruñesa de toda a vida, La Crisálida . Leo a súa historia, a do establecemento con 80 anos de vida na rúa San Andrés, e penso que, despois desta metamorfose, non lle pode acaer mellor o nome. Léoa nunha recomendable reportaxe de Raquel Peláez en...
Oda á simetría

Oda á simetría

UNHA DAS mellores cousas que puido facer a editorial Xerais nos últimos tempos, ademais de fichar á compañeira Sara Vila, foi renovar a imaxe da súa colección de narrativa. Iso non impide que permanezan na retina –e nos andeis– os libros anteriores a maio de 2019 (lémbroo, porque o primeiro desta nova era foi, se non me engano, Infamia , de Ledicia Costas). Libros dunha...
20230924_Ggarcia_220

Un futuro prometedor

TARDARÁ PONTEVEDRA en esquecer, se algún día o fai, a incrible fin de semana que vimos de vivir. Non son poucas as louvanzas que está recibindo, ben merecidas, a organización deste abraiante evento que foi a Gran Final das Series Mundiais de Tríatlon. Non abundarei nos eloxios deste fito na historia da cidade, que multiplicou as emocións positivas. Todo saíu perfecto,...
coches amarelos 2

Os coches amarelos

DENDE HAI 18 anos xa, que se di pronto, quen me coñece sabe que mento a Salander, Lisbeth Salander, cada vez que a ocasión o require, cada vez que preciso unha valente que achegue a dose exacta entre xustiza e vinganza en cada caso de abuso, agresión, violación e todo tipo de violencia machista enmarcada dentro do patriarcado máis noxento. Lisbeth foi a miña gran heroína, a...
Libros de texto. BEATRIZ CÍSCAR

Escola pública... e gratuíta!

Cando dixen en Twitter -ou como o seu dono queira chamarlle agora-, aínda bastante sorprendida, que dous libros e un caderniño de Inglés para terceiro de Primaria me custaran 90,60 euros, houbo quen me preguntou se mos pediran nun colexio concertado. Non me coñecía, claro está. Non, son dous manuais (máis o famoso caderniño que agardo veña escrito e mesmo emborranchado a...

Por min e por todas as compañeiras

Hai luns que traio o artigo escrito da casa, ou polo menos a idea. Ás veces a inspiración chega a golpe de martes pola tarde, xoves pola noite ou neses momentos nos que o sono non acaba de chegar e parece que as ideas envolveitas na nebulosa onírica son as mellores. Hai quen incluso ten unha libretiña na mesiña de noite para anotalas. Spoiler: case nunca é así e á mañá...

Señora Morant

COÑECÍN a Diana Morant, coa correspondente distancia entre xornalista e ministra en campaña, no mitin das municipais na Peregrina. A titular de Ciencia e Innovación é apenas ano e medio máis nova ca min e durante a súa alocución dixo cousas coas que me vin perfectamente reflectida, como que ela fora a primeira universitaria da súa familia ou que lograra licenciarse grazas á...
Feira do Libro Vigo

O Calvario da literatura

Crucei a ponte de Rande, polo atallo de balde, para ir por primeira vez ao Calvario e ver cos meus propios ollos o que a xente de ben levaba denunciando desde que o venres 23 de xuño se inaugurara a Feira do Libro de Vigo , esa na que só participan cinco librerías, unha delas dunha multinacional francesa que tamén vende discos e aspiradores. Efectivamente, tal como...
Feminismo

Feminismo integrador

Non esperaba iso de ti, Pedro. Porque claro, ti non serás como eses amigos teus, de entre 40 e 50 anos, que se impresionan con eses "discursos incómodos" sobre igualdade, eses que, segundo ti e os teus colegas, tiran máis pola confrontación que pola integración. Abaixo coas políticas de igualdade! Que hai un señoros incomodados. Será que xa non poden botar piropos pola rúa?...
MARIA RAMALLO (1)

E se é mañá?

Nun mundo no que existen seres que aínda negan o Holocausto, non é estraño pensar en que certos acontecementos históricos parecen mentira. Pero aí están para contalo supervivintes do golpe de Estado de 1936, da Guerra Civil, da represión franquista, da posguerra, dos anos da miseria máis absoluta que asolou o país. Certo é que non todos a sufriron, por iso, ao igual que o...
Baleirado de votos dunha urna para iniciar o reconto. AEP

Canto vale un voto?

"¿Venderías tu voto por cien euros?". A pregunta lanzouna alguén en Twitter hai uns días a propósito da trama de compra de votos por correo en Melilla, onde o 21% do censo elixiu esta opción fronte ao 3% de media no resto de España. Máis aló da cuestión ética, que non é pouca cousa, está a cuestión práctica. Vendería o seu voto por cen euros? Por 1.000? Atreveríase a...
Tabaco. LINDSAY FOX

Drama en tres actos

Primeiro acto: exterior día. Anubrado. Rúa peonil (perdón, de convivencia entre viandantes e vehículos a dez por hora) no centro da cidade, a escasa distancia dun estanco. Aspecto este meramente circunstancial neste guión, pois por circunstancias da rodaxe a escena podería rodarse en calquera outro espazo. Unha pequena caixa de cartón envolta en plástico e medio engurrada...
pixabay 3

Pilates para "chicas flojas"

Estamos rodeadas e sabémolo. Os telefónos móbiles escóitannos, literal e metaforicamente. O algoritmo coñécenos mellor ca nós mesmas, tamén cando entramos a Internet no ordenador. A estas alturas da película xa nin nos sorprendemos cando a publicidade en redes sociais nos ofrece xusto aquilo no que estabamos pensando, quizais. Non digamos xa se anteriormente tiñamos feita...
María Vázquez, nunha escena de 'Matria'. DP

A todas as supervivintes

Pasaron 48 horas desde que puxen un pé no cine para ver Matria . Pasaron dous días e aínda non acabei de recompoñer a alma despois deses 99 minutos nos que a nai e a filla que habita dentro dunha mesma non puido evitar que unha bágoa escorregara pola meixela. Nesa escena da que non vou dar detalles porque as películas non se destripan e porque o merecido e ir velas na...
Una mujer usa un pintalabios.PIXABAY

Guapa de cara

Guapa de cara . Un perfecto exemplo de oración adversativa sen necesidade dun pero . Vai perfectamente implícito. Que sexas guapa de cara significa que de pescozo para abaixo non es nin tan alta, nin tan delgada nin tan ben feita  (e xa sabemos o que iso quere dicir) como a beleza facial parecía prometer. Tamén se pode dar o caso contrario, que despois de que a...
Al parecer, los padres de Froilán estarían preocupados por su amistad con el pequeño Nicolás

A xoia da coroa

O mesmo día e practicamente á mesma hora que a Casa Real española emitía un comunicado para informar de que a infanta Sofía seguirá os pasos da súa irmá Leonor e estudará os dous cursos do Bacharelato no UWC Atlantic College de Gales (Reino Unido), coñeciamos un novo capítulo nas peripecias do seu curmán, Felipe Juan Froilán de Marichalar y Borbón. Cando xa pensabamos...

A lista máis votada?

Resulta que a última ocorrencia de Núñez Feijóo é reformar a Ley de Régimen Electoral General (Loreg) para garantizar que sea proclamado alcalde ou alcaldesa a persoa que encabece a lista máis votada nas eleccións municipais e, deste xeito, asegurarse a gobernabilidade sen ter que andar negociando con ninguén para sumar maiorías. Non é a primeira vez que aos do PP se...
Iñigo Onieva, frente a la catedral de Santiago. INSTAGRAM (@ionieva)

I believe in miracles

Sucedeu. Anunciouno certo xornal e non tardou en confirmalo o BOE, perdón, a ¡Hola! , o boletín oficial / album de fotos persoal da familia Preysler que tivo que adiantar un día a súa exclusiva cando lle empezaban a pisar o fregado. Si, hoxe toca falar delas. De Tamara e de Isabel. Ídolas máximas. Esas meigas que gardan a apócema secreta de como manternos pendentes de...
Nadal en Pontevedra. GONZALO GARCÍA

Esas vidas perfectas

"Todas esas vidas que no vives son siempre perfectas, son ideales. Pero en algún momento, hay que vivir la vida que te ha tocado". Esta é unha das frases da película Cinco lobitos que máis pouso deixa entre as persoas que vimos esta marabilla de Alauda Ruiz de Azúa. A idea non é nova, pero máis aló da historia que conta o filme (non o penso destripar, pero si recomendar...
Abel Caballero y otras autoridades, en el encendido de las luces navideñas de Vigo. EUROPA PRESS

The music, the lights

Era o 22 de novembro cando Abel Caballero irrumpiu en Radio Pontevedra. Moi diplomático, con aquilo de que cada alcalde ten o seu territorio e aquí non vimos pisarnos... os pés, que para algo é presidente da Fegamp e haxa paz no galiñeiro, o de Vigo colouse na antena pontevedresa para facer o que o ocupa tres cuartas partes do ano: vender a súa cidade como o súmmum do...
(3G8A4919.JPG) pac a parda sin medico

Pero pasa

Pedir cita no médico e que tarden dez días en darcha. Non debería pasar, pero pasa.  Que concellos, comarcas enteiras e cidades pasen toda a fin de semana sen médico dispoñible non debería pasar, pero pasa. Que as urxencias estean saturadas a diario, con meniños e anciás levando a peor parte do deterioramento da sanidade pública, non debería pasar, pero pasa....
11 30 INAUGURACION del nuevo Gadis de la calle Benito Corbal D Pablo Louro delegado de GADISA retail en Pontevedra Dña Melisa Pagliaro directora de Marketing de GADISA retail D Jose Luis Fernandez Astray director de C

Nin saben nin lles importa

"Saben, señorías do PP, canto subiu un litro de aceite ou de leite?". preguntou este luns Ana Pontón no Hórreo. É posible que as "señorías" non o saiban, porque aínda que elas tamén comen, eses gastos sonlles aloumiños mentres a nós nos desgarran a carteira e corazón. Porque eu, que xusto tropecei con esta pregunta cando abrín o móbil para facer tempo na fila da caixa para...
Generated by  IJG JPEG Library

Xitanxáforas e tautogramas

Lembro perfectamente a sensación de coller aqueles folios encadernados e empezar a pasar un detrás de outro. Elixín aquel orixinal, por empezar de vagariño entre unha colección de novelas, sen dúbida máis longas. Supoñíase que era poesía, pero en realidade era moitísimo máis que iso. Pasar as páxinas e quedar abraiada coas palabras, as cores, as rimas, o ritmo e descubrir...

Continente España

"Los puntos cardinales? ¿Eso qué es? Algo del cuerpo, ¿no?", responde unha rapaza, nunha idade indeterminada entre a Eso e o momento de poder votar ben cumprido, a unha pregunta que lle fai un reporteiro pola rúa. O vídeo difundiuno estes días a conta Yo fuí a EGB (fui con til, si) co comentario "ellos no fueron a EGB" (o da til, ya tal ). Foi gravado, polo que...

A habitación propia

Sigo con interese o fío de Twitter que Ledicia Costas inaugurou hai case tres semanas para contarnos, case en tempo real, o proceso de escrita da súa nova novela. Ledicia ten, literal e figuradamente, unha habitación propia, aquela que reivindicara Virginia Woolf en 1929 nun texto no que reflexionaba sobre a importancia de que as mulleres contasen con cartos de seu e un...

A tea de araña

Esta noite soñei que decidía non escribir esta columna e en canto espertei collín papel e lápis para non deixar escapar esa sensación de desacougo que non se esvaeceu co son do espertador. Soñei que non a escribía e non era por autocensura. Era por medo. No soño (pesadelo?) eu tamén era xornalista, pero a cidade non semellaba a mesma. Aínda que brillaba o sol e o chan...
20090219_feijooganaderia_02

De vacas e merluzas

POR QUE lle poñen ás vacas sempre nome de muller ?, preguntou o candidato do PPdeG á presidencia da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, nunha visita a unha explotación gandeira. Era 2009 e o sucesor de Fraga non fixo valer as súas orixes rurais para dar coa evidente resposta. Non foi preciso. O que pasou despois xa o sabemos todas. Todas? Non crean. Estean ben atentas porque...