Blogue | Non tes tu fe

Unha labazada a tempo

Un rapaz cruza por un paso de peóns. GONZALO GARCÍA
photo_camera Un rapaz cruza por un paso de peóns. GONZALO GARCÍA

"PARA CONVERTIR a nuestros hijos e hijas en personas nobles necesitamos educarles en evitar los atajos y en esto debería centrarse la educación de las generaciones futuras. ¿Lo estamos haciendo? Estoy convencida de que los niños y las niñas de ahora no son diferentes de los niños de hace 200 años. Considero que el problema son los padres y la educación de los padres, no la de los niños. Nuestros niños y niñas son perfectos. Deberíamos empezar en educarnos a nosotros mismos. Somos nosotros, los adultos, quienes tenemos que tener la responsabilidad de educarles para ser seres humanos nobles. ¿Somos personas nobles?".

Esta reflexión pertence a Halldóra Geirharðsdóttir, unha actriz islandesa na cincuentena que interpreta á protagonista da película La mujer de la montaña, actualmente na carteleira (en Pontevedra non, claro, pero esa historia daría para outro artigo). Díxoo hai uns días nunha deliciosa entrevista asinada por Sara Beltrame no dixital El Salto Diario.

Lina e relina con gusto, pois serviume de bálsamo mental despois da tristura, decepción e mesmo rabia que sentín ao ler os comentarios nas redes (podemos dicir que son o reflexo da sociedade?) a propósito da noticia que dá conta da sentenza da Sección Segunda da Audiencia de Pontevedra que condenou a unha nai pontevedresa a dous meses de prisión substituibles polo mesmo tempo de traballos en beneficio da comunidade e á prohibición de aproximarse ao seu fillo de dez anos durante seis meses por darlle "un par de labazadas" cando se negou a ducharse.

Que beneficios ou valores ten a violencia? Provoca respecto? Medo?

Igual unha orde de alonxamento de medio ano é esaxerado, máis que nada polo rapaz. Ou non. Nin son xuíza nin coñezo a lei ao detalle, pero síntome optimista sabendo que neste país onde a mesma Xustiza que está medio chosca as máis das veces deixa claro que a facultade que asiste aos pais para poder corrixir aos seus fillos só pode concibirse orientada ao beneficio dos vástagos e encamiñada a lograr a súa formación integral. Ademais, "ten como límite infranqueable a integridade física e moral destes", apunta o fallo xudicial. Por iso, engade, "a reprensión ante unha eventual desobediencia do menor nunca pode xustificar o uso da violencia que exerceu" a súa proxenitora, "nin admite, baixo ningunha óptica, considerar esa actuación orientada ao seu beneficio".

Nunca. Vale? Porque, díganme, que sentido ten? Que beneficios ou valores ten a violencia? Provoca respecto? Ou quizais medo? E seguro que están pensando, se pertencen a esa caste de internautas que non dubidou en comentar a noticia nas redes, que unha labazada "a tempo" non ten nada de malo. ¿A tempo de que? Porque, xa saben, "¿un hijo nos falta al respeto y no podemos darle una bofetada..? Vamos, señor juez, nos está tomando el pelo" (as tiles e a puntuación son cousa miña). Despois están os que din, convencidísimos, algo así como que "yo si le quiero pegar una bofetada a un hijo mío porque me está faltando al respeto se la pego y punto. Eso no es maltrato. A mí me han dado muchas veces y, gracias a Dios, he salido muy bien".

"Muy bien", sin duda, porque a xente que ten asumida a violencia como forma de "educación" e segredo infalible para facerse respectar é a proba máis auténtica de que os golpes son unha grande arma pedagóxica. É esa mesma xente que se alarma cando un adolescente lle levanta a man aos seus maiores. Porque claro, onde vería iso? Seguro que na súa idílica familia a el nunca lle caiu ningun

Comentarios