lunes. 21.06.2021 |
El tiempo
lunes. 21.06.2021
El tiempo

Concentracións do 8-M en Pontevedra

Mobilización convocada pola CIG na praza da Ferrería. RAFA FARIÑA
Concentracións do 8-M en Pontevedra. RAFA FARIÑA

TEÑO UN amigo que quería ser alcalde. Hai uns anos estudiaba coma un condenado para sacar a carreira de Ciencias Políticas a distancia. Todos criamos que xa lle pasara aquel tren cando decidira deixar de estudar e poñerse a traballar. Pero el demostrounos que non. O meu amigo perseverou e, para a nosa sorpresa, sacou a carreira con boas notas. Sen embargo, aquilo de ser alcalde éralle algo máis complicado.

Había un inconveniente que afectaba directamente ao meu colega: que a montaba en partidos de fútbol. Unha vez arrincoulle a bandeirola ao árbitro asistente e mudoulla por unha do Celta. Seu pai, que ía con el ao fútbol, fíxolle desfacer o cambio antes de que a Policía o levase preso. Outra vez, a estrela do equipo visitante estivo a piques de soltarlle unha patada de karate ao estilo Eric Cantona despois de que proferise cara el todo tipo de provocacións elaboradas (nada de HdP, nin burro, nin insultos barateiros).

O meu amigo é a persoa máis reflexiva e con ideas propias que coñezo, alguén que intenta ser xusto en (case) tódolos seus actos, que intenta axudar á xente e non se deixa corromper. Pero esa faceta só a coñeciamos os achegados. O que se sabía e sabería era o seu mal carácter nos campos e a pésima relación cos árbitros. E perdendo a compostura daquela maneira, quen diaño ía darlle credibilidade se algún día acababa aspirando á alcaldía?

A cohesión do movemento feminista é digno de imitiación

As formas públicas non sempre representan de forma fiel a nosa esencia. Máis ben ao contrario, adoitan ser só unha parte ínfima do que realmente somos. Cantas veces non se atoparon a persoas sorprendidas polos crimes violentos do seu veciño do andar de arriba, que era un tipo tranquilo, educado e encantador? A forma é fundamental.

A forma de facer as cousas vaille dar máis valor á mensaxe. Tamén, por exemplo, en unha manifestación. Pode que non máis forza, pero si máis autoridade moral. E para iso é preciso ter unidade e non incorrer en desagradables accións, en violencia: concederlles motivos aos detractores.

É moi complicado lograr a cohesión, sobre todo nas manifestacións máis multitudinarias. Sempre hai voces discordantes, indisciplinados, violentos que nin sequera saben de que vai o tema, ou mesmo inimigos ideolóxicos, con uniforme ou sen el, que pretenden reventala con provocacións ou infiltracións.

Esas manifestacións acaban en leas, destrución do mobiliario urbano, cos antidisturbios quentes de facer (ou de pasarse) o seu traballo e con ducias de detidos que acaban deslexitimando a mensaxe. E despois, críticas aos manifestantes por non respectar as distancias de seguridade, por non acudir con tapabocas.

Por iso me parece máis digno de estudo a concentración do 8M en Pontevedra. Non sei nin cantas mulleres había alí. Eran bastantes. Todas mantendo as distancias de seguridade, todas coas máscaras en boca, ningún conato de violencia nas súas accións nin nos seus movementos pola cidade. Todo para lograr unha postal que deixa claro que en disciplina e cohesión os do 23 XY estamos anos luz delas (en xeral, que tampouco se trata aquí de demonizarnos a nós e elevalas aos altares a todas).

Por iso, estando aínda lonxe, entre bastante e moito, dos seus obxectivos, avanzan máis e máis rápido ca ningunha outra loita de dereitos. Porque, por moito que algúns o intenten e por moito que sempre haxa algunha fundamentalista que vexa machismo por doquier, a súa mensaxe está lexitimada non só no fondo, senón tamén na forma.

Concentracións do 8-M en Pontevedra
comentarios
ç