Opinión

Coidar do que é de todos

A SALA de espera de Pediatría do centro de saúde Anafáns de Poio ten unha pequena biblioteca que de cada pouco se repón con libros novos. Do anaquel de contos pendura un cartel que reclama que se traten con coidado, xusto ó lado doutro no que un pequeno cun dedo nos beizos prega Silencio. Sen embargo, é raro que duren pouco tempo enteiros. Páxinas arrincadas, despregables rotos... é a tónica xeral. Onte nunha das estancias do Salón do Libro, un dos monitores pedía a uns nenos que xogaban a lanzar polos aires uns bloques de cartón, que tiveran coidado co material e recollía con mimo as hortalizas de trapo da bebeteca, mentres lamentaba que xa se romperan algúns detalles. Os nenos son o noso reflexo. Do que fagamos nós depende que eles aprendan a valorar e respectar o que é de todos e a coidar dos nosos pequenos e grandes tesouros. É a nosa responsabilidade.

Comentarios