Culturgal engancha a 4.000 personas nas retransmisións a través de internet

Susana Seivane, Luar na Lubre, Manuel Rivas e Ledicia Costas protagonizan algunhas das propostas
Espectáculo de Luar na Lubre no Pazo da Cultura. RAFA FARIÑA
photo_camera Espectáculo de Luar na Lubre no Pazo da Cultura. RAFA FARIÑA

Centos de persoas seguiron este sábado a través de internet a programación da xornada da Feira das Industrias Culturais de Galicia, Culturgal, que se celebra esta fin de semana en Pontevedra. Os aforos reducidos e o peche do Recinto Feiral por mor das restricións sanitarias ás que obriga a pandemia por coronavirus levaron o evento a reformularse e a apostar pola retransmisión online. "O número de reproducións nas nosas canles chegou a 4.000", indicou a organización. As propostas continúan ofrecéndose este domingo a través da páxina web da feira: cultur.gal.

DAVID TEATRO PRINCIPAL: Culturgal. Encontro con Manuel Rivas. PAXINA GRAFICA, sábado, 28 nov · 17:45–17:45Outra novidade da edición deste ano é a instalación dun dos seus escenarios principais, o que está adicado ao mundo do libro, no Teatro Principal. Por alí pasaron algúns dos escritores máis importantes da literatura galega para falar da súas últimas obras. Manuel Rivas e Ledicia Costas, entre eles. Tamén estiveron en Pontevedra Antón Lopo, Eva Mejuto, Anxos Sumai, Marilar Aleixandre e Elba Pedrosa, entre outros.

Xa no Pazo da Cultura, no denominado Espazo Escena, Susana Seivane e Luar na Lubre protagonizaron as propostas musicais. "A gaiteira tocou desde un balcón improvisado no auditorio, desde o que proclamou que a cultura é boa e segura", informa a feira. "Foron vinte minutos os que recreou os seus concertos de desconfinamento, que iniciou durante a corentena para animar aos seus veciños". A xornada do sábado pechouna Luar na Lubre, co seu espectáculo Vieiras e vieiros, "un album no que visualiza a pegada artística, cultural e natural do Camiño de Santiago". RAFA TEATRO PRINCIPAL: Culturgal. Encontro con Ledicia Costas. PAXINA GRAFICA

DEPUTACIÓN. No terceiro escenario, o denominado Espazo Foro, que este ano se instalou na sala de exposicións do Pazo da Cultura, institucións como a Deputación de Pontevedra e a Xunta de Galicia presentaron as súas liñas inmediatas de traballo no ámbito da cultura. "Carmela Silva fixo balance do proxecto Re-Acción Cultural, da Deputación, posto en marcha a consecuencia da pandemia para a apoiar o sector cultural da provincia", explicou Culturgal. Ao mesmo tempo, a deputada provincial de Memoria Histórica, María Ortega, presentou o proxecto A corda. "Pola tarde, foi o secretario xeral de Cultura da Xunta, Anxo Lorenzo, quen esbozou as claves das políticas dixitais e das estratexias culturais para 2021". 

A programación de Culturgal RAFA TEATRO PRINCIPAL: Culturgal. Encontro con Ledicia Costas. PAXINA GRAFICAcomplétase coas proxeccións que se realizan no Espazo Cinema, instalado no salón de actos do Pazo da Cultura. É o único ao que non se ten acceso vía online. Para asitir ás películas que se proxectan en aforo reducido é necesario facerse cun dos convites que se distribúen a través de cultur.gal. O sábado puideron verse Arima, de Jaione Camborda, e A illa das mentiras, de Paula Cons. "En ambos casos o público asistente tivo oportunidade de conversar coas directoras sobre os procesos de rodaxe e distribución de filmes", informa a feira.

Comentarios