Imprimir

Daniel Asorey gaña o II Premio de Relato Breve Nélida Piñón 

Diario de Pontevedra | 11 de Septiembre de 2018

Piñón e Asorey. JOSÉ LUIZ OUBIÑA
Piñón e Asorey. JOSÉ LUIZ OUBIÑA

A escritora brasileira de orixe galega, presente no acto, foi a encargada de entregar o galardón 

O autor Daniel Asorey, coa súa obra Anatema, fíxose co II Premio de Relato Breve Nélida Piñón, un dos certames de narrativa breve máis representativos do panorama narrativo galego. 

Diso informou a Consellería de Cultura nun comunicado, no que explicou que o titular do departamento autonómico, Román Rodríguez, participou este martes no acto de entrega deste galardón. 

En concreto, a escritora brasileira de orixe galega, presente no acto, foi a encargada de entregar o galardón a Asorey, profesor de profesión, así como os accesits que recaeron no escultor Rosendo Cid Menor e no xornalista Xesús Fraga. 

Na súa intervención, Román Rodríguez destacou a importancia deste premio, que conta co apoio da Consellería, como estímulo á produción literaria. 

Puede ver este artículo en la siguitente dirección /gl/articulo/cultura/daniel-asorey-ga%C3%B1a-ii-premio-relato-breve-nelida-pinon/20180911220036999835.html


© 2018 Diario de Pontevedra

Lepanto 5, Pontevedra

Tlfno: 986 011 100

(Grupo El Progreso)