DAVID VENCE A GOLIAT, TAMÉN NO DESFILE CUNTIENSE
Cuntis segue demostrando que o Entroido é unha das súas grandes especialidades. O desfile celebrado este domingo congregou a centos de espectadores e participantes.
Entre as comparsas, David y Goliat foi elixida como a mellor formación, mentras que a agrupación Chapante Khan foi a escollida como a máis destacada na categoría de grupos.
Na de parellas, os náufragos do Titanic recibiron un xusto premio para a súa gran posta en escea.
En canto aos premios individuais, destacou Tómgola.
O Concello repartiu máis de 3.000 euros en premios e dá paso así á seguinte fase das festas: a presentación do Chapante, o venres, e o Vespaguateque o sábado, como grandes prólogos da Festa do Lacón con Grelos, o vindeiro domingo.
CENTOS DE ESPECTADORES CONSTATAN EN CALDAS QUE A DIVERSIÓN NON CORRE PERIGO DE EXTINCIÓN
A comarca do Umia tamén tivo unha cita de referencia co desfile do Entroido de Caldas, onde foron premiados a animación En perigo de extinción e o grupo escolar co mesmo nome. En canto a carrozas, Tesoro pirata embruxo foi a mellor valorada.
Os grupos Raegueton King, en adultos, e Anexo Bots en nenos, foron os mellor valorados.
En parellas, foi escollida Vamos á Luna entre as de maiores e Zipi y Zape entre os nenos.
O mellor disfraz individual foi Por el interés te quiero, Andrés, e o mellor infantil David el gnomo.