Imprimir

A familia dunha moza de 17 anos desaparecida desde o xoves pide axuda para localizala

Redacción | 22 de junio de 2019

A menor desaparecida en Vigo. TVG
A menor desaparecida en Vigo. TVG

Pensan que pode atoparse pola zona de Nigrán

A familia dunha moza de 17 anos desaparecida desde o xoves pola mañá pide axuda para localizala. A rapaza ten unha minusvalía e está a tratamento psiquiátrico. Segundo informa a TVG, perdéuselle a pista en Vigo, cando saiu para acudir a academia onde estudaba e xa non regresou.

Os seus achegados pensan que podería atoparse pola zona de Nigrán e piden a quen teña algunha pista que se poña en contacto coa garda civil.

Podes ver este artigo na próxima dirección /gl/articulo/vigo/familia-dunha-moza-17-anos-desaparecida-xoves-pide-axuda-localizala/201906222248501040888.html


© 2019 Diario de Pontevedra

Lepanto 5, Pontevedra

Tlfno: 986 011 100

(Grupo El Progreso)