Imprimir

Fernando Redondo gaña o XXIII Premio Reimóndez Portela cun artigo sobre o cine galego

DP | 12 de Septiembre de 2018

Reunión do xurado do Premio Manuel Reimóndez Portela. DP
Reunión do xurado do Premio Manuel Reimóndez Portela. DP

O premio, dotado con 1.000 euros, entregarase durante a 32ª Feira do Moble de Galicia

O xornalista Fernando Redondo Neira foi galardoado co Premio Xornalístico Reimóndez Portela, na súa vixésimo terceira edición fallada este mércores na Estrada. O xurado concedeulle o galardón polo artigo Derivas e encrucilladas do novo cinema galego, publicado na revista Tempos Novos. 

 O xurado, que agradeceu a presentación dunha vintena de traballos e destacou a calidade dos mesmos, valorou do artigo gañador "a impecable redacción e plantexamento, sendo preciso e concreto, ben informado e moi documentado".

Fernando RedondoNesta ocasión, a deliberación correou a cargo do concelleiro de Cultura da Estrada, Juan Constenla, como presidente do xurado, Victoria Reimóndez Sanmartín, Evaristo Mato Oliveira, Enrique Otero Fernández e Juan Andrés Fernández Castro, exercendo como secretario con voz pero sen voto José Manuel Bouzas Blanco.

O premio, que está dotado con 1.000 euros, unha talla conmemorativa e un diploma acreditativo, entregarase no transcurso da 32ª Feira do Moble de Galicia, concretamente o venres 21 de setembro ás 19.00 horas.

O acto, que presidirá o alcalde da Estrada, José López, e que contará coa presenza de persoeiros do ámbito cultural de Galicia, estará precedido dunha ofrenda floral a cargo do Coro Parroquial de San Miguel de Castro e será presentado pola profesora de Literatura Galega na Universidade de Santiago de Compostela e coordinadora do Diccionario de Literatura Galega publicado pola Editorial Galaxia, Dolores Vilavedra Fernández.  

Puede ver este artículo en la siguitente dirección /gl/articulo/caldas-deza/fernando-redondo-gana-xxiii-premio-manuel-reimondez-portela-artigo-cine-galego/20180912210612999987.html


© 2018 Diario de Pontevedra

Lepanto 5, Pontevedra

Tlfno: 986 011 100

(Grupo El Progreso)