Os Fogos do Apóstolo lanzaranse desde "múltiples sitios" de Santiago

Con esta medida tratase de cumprir un dos obxectivos marcados pola seguridade: evitar aglomeracións
Fuegos artificiales por la festividad del Santiago Apóstol. AEP
photo_camera Fogos artificiais por unha anterior festividade do Santiago Apóstolo. AEP

A pesar dos efectos e medidas de prevención da Covid-19, este ano Santiago contará cos seus tradicionais Fogos do Apóstolo, que se lanzarán, no entanto, desde "múltiples sitios da cidade" para que o público os goce "evitando aglomeracións"

Así o anunciou este luns o alcalde da cidade, Xosé Sánchez Bugallo, que explicou que o vindeiro venres se darán os detalles deste espectáculo pirotécnico. 

No entanto, avanzou que a intención do goberno municipal, dada a situación actual, é "estender" os fogos polos distintos barrios da cidade, de modo que poidan contemplarse sen aglomeracións. 

"Unha decisión que está tomada é que se van a producir en múltiples sitios, para que toda a cidade poida gozar deles evitando aglomeracións", dixo o rexedor, un lanzamento que "exclúe a Praza do Obradoiro". 

Este último punto, con todo, non é novo, xa que con anterioridade á pandemia anunciouse que o espectáculo pirotécnico non volvería a esta praza para preservar a restauración tanto da Catedral como do Pazo de Raxoi. 

A maiores, e de acordo coa directriz de evitar aglomeracións, os fogos lanzaranse este ano desde distintos puntos "co obxectivo de que todos os poidan gozar desde as súas casas e desde as prazas, as rúas e os parques da cidade". 

Comentarios