O presidente do Administrador de Infraestruturas Ferroviarias (Adif), Antonio González Marín, afirmou esta tarde que o Goberno estaría disposto a modificar o trazado do AVE no traxecto Santiago-Ourense se se demostra que o actual percorrido provocaría o despido de traballadores.
González Marín realizou estas declaración durante a reunión mantida esta tarde na Coruña con representantes dos sindicatos e da consellería de Industria, explicando que "o Goberno da Nación e a Xunta teñen a suficiente preocupación pola situación laboral dos traballadores para cambiar o trazado se iso provoca despidos".
Ante estas declaracións, os traballadores da mina de Serrabal e Ferroatlántica desconvocaron os peches en Cee, Vedra e Arteixo.