Remata o ciclo de encontros "Reinicia Pontevedra"

Un coloquio sobre dixitalización pecha o ciclo organizado polo Concello e APE Galicia
Yoya Blanco. JAVIER CERVERA-MERCADILLO
photo_camera Yoya Blanco. JAVIER CERVERA-MERCADILLO

A Concellería de Promoción Económica e a Asociación de Autónomos e Pequenas Empresas (APE Galicia) clausuran este luns o ciclo de sete Encontros Dixitais "Reinicia Pontevedra".

Neste programa de relanzamento empresarial, organizado pola Secretaría Técnica de APE Galicia, ofrécense gratuitamente a autónomos e pemes dúas accións: por unha banda, asesoramentos persoalizados para 25 negocios, e por outra banda sete encontros dixitais de temáticas transversais e multisector.

O ciclo acadou un interese sostido por parte do tecido económico pontevedrés, pois estiveron conectados 30 autónomos, de media. O perfil destes participantes foi de xerentes e propietarios, tanto de pequenos comercios como de empresas de servizos e autónomos.

O título do coloquio deste luns é Estratexias de dixitalización: rendibilidade e erros a evitar. Os expertos que interveñen son Cany Juncal, especialista en decoración de tendas; Elena Vitoria, de Cartablanca Marketing Gastronómico, e Miguel Ángel Souto Fraga, coordinador deste Ciclo e director de Cimak Consultores de Ventas e Marketing en Pontevedra.

Comentarios