SmartPeme pon en marcha outros cinco obradoiros online durante toda esta semana

A Deputación de Pontevedra, a través de SmartPeme, oferta para esta semana cinco accións formativas impartidas online. As accións versan sobre deseño de páxinas web con Elementor, o uso de Twitter para potenciar a marca, a fotografía de produto e o debuxo con Onshape, así como as medidas para confrontar o coronavirus nos establecementos turísticos.

Máis polo miúdo, este lunes Laura Carrera, graduada en Publicidade e Relacións Públicas e posgraduada en Dirección de Comunicación Corporativa, impartirá Deseña a túa páxina web de maneira sinxela con Elementor. O martes están previstas dúas accións: a experta en Publicidade e Relacións Públicas Fátima Faílde desenvolverá Potencia a túa marca con Twitter e Laura Taboada, titulada Superior en Ensinos Artísticos de Deseño Gráfico, Fotografía de produto para a túa tenda en liña ou e-commerce.

Para o mércores hai programada unha actividade sobre Medidas para confrontar o coronavirus nos establecementos turísticos, que ofrecerá Mariana Rosa, e o xoves o experto universitario en robótica Manuel Freire impartirá o obradoiro Debuxo con Onshape. Part Studio I.

Comentarios