Imprimir

Vilanova de Arousa dedicará rúas a Amancio Ortega, sanitarios e policías

Efe | 08 de abril de 2020

Amancio Ortega. EFE
Amancio Ortega. EFE

O alcalde, Gonzalo Durán, subliña que é de xustiza recoñecer "o ben que están a facer" todos estes colectivos e ao fundador de Inditex 

O Concello de Vilanova de Arousa dedicará unha avenida a Amancio Ortega, fundador de Inditex, e varias rúas aos profesionais sanitarios, do Exército, das forzas e corpos de seguridade e de voluntarios particulares pola súa loita contra o coronavirus.

A iniciativa, explican fontes do goberno local, xorde de peticións cidadás en recoñecemento á doazón de material de protección por parte de Amancio Ortega, así á adquisición previa e cesión ao sistema sanitario público de tecnoloxía punteira para o tratamento do cancro.

O dono do imperio Inditex dará nome á avenida principal do polígono empresarial de Baión, e sanitarios, policías, militares e voluntarios, ás rúas adxacentes.

O cambio de nome deberá abordarse no próximo pleno da corporación local, o que se dá por descontado ao gobernar o PP con maioría absoluta.

O alcalde, Gonzalo Durán, subliña que é de xustiza "recoñecer honra a quen honra merece", e neste sentido considera que "todos estes colectivos e Amancio Ortega merécenme respecto e honra, polo ben que están a facer por todos os españois e todos os galegos".

Podes ver este artigo na próxima dirección /gl/articulo/o-salnes/vilanova-arousa-dedica-ruas-amancio-ortega-sanitarios-policias/202004081956061081192.html


© 2021 Diario de Pontevedra

Lepanto 5, Pontevedra

Tlfno: 986 011 100

(Grupo El Progreso)


ç