'Voilà la Femme' inaugura a súa edición máis autóctona

A exposición esta formada por creacións de seis mulleres galegas
Una imaxe da exposición. RAFA FARIÑA
photo_camera Una imaxe da exposición. RAFA FARIÑA

Desde fai case 28 anos, o Ateneo Santa Cecilia leva organizando de maneira ininterrupida unha das exposición de máis prestixio do panorama artístico galego e nacional, Voilà la Femme. Esta mostra colectiva femenina busca reivindicar o espazo da muller na arte e tamén darlle visibilidad a novas artistas cunha curta pero potente traxectoria no mundo artístico.

Esta exposición, sobre todo nos seus últimos anos, pasou a ser unha cita obrigada na axenda cultural do Ateneo Santa Cecilia, lugar onde Voilà la Femme comezou a súa andaina no ano 1993 da mán de personalidades como o artista marinense Antón Sobral. De feito, aseguran os organizadores, a mostra do Ateneo é a exposición de mulleres que máis tempo se leva organizando de maneira continuada de toda Europa.

Este ano, que volverá a estar comisariada pola artista marinense Celeste Garrido. Será o primeiro no que as seis artistas invitadas a participar sexan galegas. "Decidimos facelo así este ano polas restriscións e a situación sanitaria. Así asegurabámonos de que as artistas podían vir colocar elas mesmas as súas obras", explica o presidente do Ateneo Santa Cecilia, Lois Dopazo. Este toque autóctono quedará marcado no longo percorrido de Voilà la Femme, por onde pasaron artistas da xeografía nacional e incluso de diferentes partes do mundo.

A exposición íase levar a cabo o pasado mes de maio, pero tivo que adiarse en dúas ocasións, primeiro ao mes de novembro, como consecuencia do confinamento, e despois ata o de agora, pola situación provocada pola pandemia, momento no que se decidiu modificar as artistas convidadas, adaptando así a mostra a situación sanitaria.

Este luns, a sede do Ateneo Santa Cecilia acolleu a inauguración desta vixésimo sétima edición da mostra. Ao acto, que se celebrou cumprindo co aforo permitido polas restricións sanitarias, acudiu a edil de Cultura, Itziar Álvarez, así como as propias artistas, representantes do Ateneo e a comisaria Celeste Garrido. A exposición poderá verse ata o próximo 31 de xaneiro.

As artistas. Unha mostra en clave galega
Esta edición de Voilà la femme conta coas ilustracións de Ana Sánchez, de Boimorto, que inspira moitos dos seus debuxos en películas combinando o lápis con cores simbólicas. Están presentes as formas orgánicas de madeira e látex da coruñesa Uxía Antonia, así coma o proxecto audiovisual deBeatriz Pérez, de Vigo, que xira en torno ao autorretrato.

Tamara Vázquez, de Santiago, fai unha reflexión sobre a explotación laboral da muller. Tampouco falta a fotografía da pontevedresa Lucía Otero, cunha serie en branco e negro centrada no espazo físico e o fogar; nin a escultura de cerámica de Cristina Chiarroni, da Coruña.

Comentarios