Opinión

8-M, razóns para unha folga feminista...

ESTE ANO a conmemoración do 8 de Marzo, Día Internacional da Muller Traballadora, ven condicionado pola convocatoria dun paro a nivel mundial que terá como protagonistas principais ao colectivo feminino que, no caso do Estado Español, é a primeira vez que recurrirá a unha folga para visibiliza-la situación de discriminación que sofren as mulleres en moitos aspectos da nosa sociedade.

A posibilidade de secundar unha convocatoria de folga é un dereito que en democracia non cuestiona ninguén e calquera que queira pode acollerse a el para non acudir ao seu posto de traballo como medida de protesta, de presión ou reivindicación.

Cando se convoca unha folga é porque a práctica totalidade dos recursos intermedios foron esgotándose sin que se achegaran solucións de consenso que puxeran fin a un problema social de vital relevancia que faga que a ausencia de respostas positivas a esta demanda se traduza nunha medida extrema que leva na práctica á suspensión contractual puntual e mentras dura a convocatoria desa relación laboral polo que o traballador ou traballadora deixa de percibir salario, complementos dos días ou horas non traballadas, dietas ou indemnizacións e a parte correspondente das pagas extraordinarias.

En definitiva, esta medida extrema leva aparellados unha serie de perxuizos tanto para o empregador, que ve dificultada a súa capacidade produtiva, pero sobre todo para o propio actor do paro en tanto en canto lle vai directamente ao peto esta medida reivindicativa polo que é un dereito que na súa aplicación leva aparellado un custe económico importante para o traballador ou traballadora e de aí tamén o seu uso extremo e reducido a momentos puntuais e de necesidade acuciante ou incluso agobiante para o empregado.

Desde logo que calquera ten o dereito de acudir a unha convocatoria de folga, pero tamén a non secundala. Nesa decisión pesan moitos condicionantes persoais, económicos, de oportunidade e, como non, tamén do medo que se poida ter con respecto ás consecuencias que unha medida extrema poda determinar para o futuro da relación laboral na súa empresa. Non podemos obviar tampouco esa realidade. O dereito existe, pero tamén quen está disposto a conculcalo pese á existencia de medidas de proteción recollidas na lexislación vixente pero que precisan dunha eficaz aplicación para que ese dereito subsista a calquera manobra que atente contra ela.

Pero volvendo sobre a razón deste artigo: a comenencia ou non de convocar unha folta feminista para visibiliza-la discriminación que sofren as mulleres debemos ter en conta o seguinte e que ninguén discute como é que o salario que perciben o conxunto das mulleres no Estado Español é, como mínimo, un 25% inferior ao dos homes, sen esquecer o teito de cristal que dificulta o acceso a postos de direción e de responsabilidade mentras que o nivel de capacitación e egresadas universitarias non se corresponde co nivel de empoderamento feminino na nosa sociedade.

Outra cuestión que ninguén nega é que as mulleres adican máis do dobre de horas que os homes ás tarefas domésticas, coidado dos fillos e maiores dependentes recaendo sobre elas o peso da redución de xornada a prol de necesidades no fogar que hai que atender por vía da atención a familiares que o precisan fronte aos homes que seguen a facer un menor uso destas posibilidades contractuais.

Por outra banda, esta data especial do 8-M serve tamén para denunciar e combatir dun xeito activo a violencia de xénero que arroxa como dato máis salientable as 48 mulleres, vitimas mortais asasinadas polas súas parellas ou ex parellas no pasado ano 2017, unha lacra social que lonxe de erradicarse parece que non tivera fin rexerandose e mutando a través das novas tecnoloxías e redes sociais da man dunha serie de comportamentos machistas que van en aumento, sobre todo entre a mocidade, que ve como mudan os métodos pero continúan os mesmos clichés do pasado baseados no control e anulación da personalidade das mozas, vexación e maltrato de todo tipo.

En resume, catro serán as esferas da vida: laboral, estudiantil, de consumo e de coidados nos que se desenvolverá esta primeira folga feminista en todo o Estado Español no que cada unha, en función das súas circunstancias persoais, decidirá si debe secundala. En canto a motivos seguro que me quedei corto, ou non?

Comentarios