Opinión

A importancia dun 'relator' para falar con Sánchez

CON ISTO do coronavirus parece que quedaron un tanto de lado, que non esquecidas, as tensións soberanistas e o pulso que o Estado Español mantiña co ínclito Puigdemont e as súas andanzas burlando, como si dun auténtico Red Redmington (o protagonista da serie norteamericana The Blacklist) se tratara, as disposicións legais para internacionalizar o máximo posible o conflicto catalán.

Volvemos rememorar estes días aos protagonistas daquel 1-O non so ao falar de Carles Puigdemont senón tamén coa aparición na escena mediática doutro dos persoeiros que subiron ao poleiro da man dos conflictos vividos durante aquela celebración virtual dun referendo que acabou como o rosario da Aurora e onde o coronel da Garda Civil Diego Pérez de los Cobos foi o encargado de facer valer a forza do Estado en pleno choque de trens entre o Goberno central e a Generalitat.

Pois ese famoso coronel da Garda Civil volve saltar tamén estes días á actualidade pública tras decreta-lo seu cese o ministro do Interior, Fernando Grande-Marlaska, polas súas investigacións sobre a posible relación que puidera existir entre a manifestación multitudinaria do 8-M e a presunta propagación, como a pólvora, do Covid-19 con resultados fatais para os madrileños.

Novos folgos mediáticos collen eses protagonistas do noso pasado recente toda vez que o nome do ex presidente da Generalitat aparece entre as propostas de Junts per Catalunya para formar parte desa Comisión de Reconstrucción tra-lo Covid-19 que mira de reollo a Europa para saber con que cartos conta para afrontar ese máis que previsible e necesario rescate económico que nos ten que vir da solidariedade europea, si é que realmente existe.

No medio de todo este lío está a recente votación no Congreso dos Deputados para prorrogar, unha vez máis, a declaración do Estado de Alarma (parece que Sánchez quere aínda darlle un empurronciño máis…) para o cal o presidente do Goberno tivo que recurrir á xeometría variable para concita-los apoios suficientes para que este tema saíra adiante.

Para elo, convenceu aos moldeables deputados de Ciudadanos, eso sí costándolle novamente unha baixa (Marcos de Quintos, directivo estrela fichado polo finiquitado Albert Rivera) que parece non ser a última desta formación que se vai diluíndo como si dun azucarillo nun vaso de auga se tratara… Pero tamén, ás agachadas tivo que contar co compadreo de EH-Bildu, para que se abstivera a cambio da derrogación total da Reforma Laboral do PP do ano 2012 (cos ollos abertos como pratos de Nadia Calviño e os negociadores europeos que non sabían onde meterse para explicar como mentres os homes de negro da UE lle están a pedir a España unha volta de tuerca sobre este tema, o presidente pacta a súa derrogación… en fin) e a guinda de todo este pasteleo a través da promesa ao BNG de que si se abstiña permitiría, como no País Vasco, que os galegos puideran circular na Fase 2 entre as catro provincias sen restriccións.

Pois va a ser que no. Unha vez votada e sacada adiante a nova prórroga do Estado de Alarma, esquecido o prometido. Ou, o que é máis claro, onde dixen digo, digo Diego e todos tan contentos.

Agora volvo ao inicio da miña intervención. Pois visto o visto vai ser que Carles Puigdemont vai ser unha das persoas que mellor coñecen ao presidente do Goberno Pedro Sánchez e agora entendemos a súa insistencia e a dos soberanistas de Esquerra Republicana de Catalunya cando esixían nesas conversas bilaterais a presenza dun observador, dun mediador, dun relator… eu diría dun fedatario público do que alí se falaba e dos acordos que se acadaban.

Pero non so lle debeu quedar a cara de tontos aos de EH-Bildu (con esta xente non se xoga) ou aos de Ciudadanos (a estes xa empeza a ser o tema unha normalidade anómala) e ao BNG (aínda estamos agardando pola supresión ou a rebaixa considerable da peaxe na AP-9 ou a súa transferencia á Comunidade Autónoma) senón tamén aos votantes que se decantaron pola opción socialista cando Pedro renegaba públicamente de Pablo, porque lle quitaba o sono (e consecuentemente a todo españolito de ben), e xuraba e perxuraba que nunca pactaría nin deixaría o seu goberno en mans de soberanistas e menos aínda con presuntos cómplices ou herdeiros da banda terrorista Eta.

Visto o visto haberá que recurrir a aqueles vellos xestos electorais de acudir a un notario para dar fe do que un se comprometía a facer unha vez elixido, implorando o nihil prius fide (nada antes que a fe), para cerciorar ante o seu electorado que o que un di é verdadita de la buena. Palabrita del Niño Jesús, ou non?

Comentarios