sábado. 14.12.2019 |
El tiempo
sábado. 14.12.2019
El tiempo

Unha proposta de altura: Un Exército do Aire e do Espacio...

O pasado luns os televidentes tivemos a ocasión de asistir ao debate de candidatos que aspiran a ocupalo sillón do Pazo da Moncloa e pudemos comprobar como a maioría das intervencións (por non dicir casi todas) centráronse en xustificar ante o electorado cales eran as auténticas razóns de que o noso país, a estas alturas, siga tendo un goberno en funcións e os nosos políticos non sexan quen de poñerse de acordo para administrar o panorama parlamentario arroxado polos distintos votos da cidadanía.

O cruce de acusacións foi constante entre todos, como si houbera un acordo preexistente entre os cinco candidatos de tal xeito que se falara "do divino" e difuminar o "humano", que á postre, era o que realmente lle interesaba ao común dos mortais.

Así, aqueles que agardaban escoitar as distintas propostas en materia sanitaria para resolver, por exemplo, o déficit de médicos de atención primaria e sobre todo de pediatras quedáronse coas gañas de coñecer o que as súas señorías tiñan previsto facer para resolve-lo problema. Cousa parecida lles ocurriu aos pensionistas que protagonizan desde hai meses mobilizacións continuas para garantir non só a revalorización das mesmas senón incluso o compromiso de que os que as están cobrando sigan percibíndoas de xeito digno e tamén que os que vimos atrás non nos atopemos cunha verxa baixada e un carteliño de "pechado por falla de existencias…".

Tampouco obtiveron resposta os traballadores das empresas electrointensivas cuxo futuro está no aleiro, nin os empregados da central eléctrica das Pontes, nin os de Ence, nin os do sector da automoción, nin os dos asteleiros de Ferrol ou Vigo, nin os 100.000 novos desempregados rexistrados durante o pasado mes de outubro (bueno, estes si, días máis tarde saiu o ministro de Fomento, o Sr. Ábalos a dicir que a xente que se apunta agora máis no paro faino porque ve máis confianza de atopar un emprego)…

En fin, que a maioría dos indecisos que acudiron aos seus respectivos televisores confiados en atopar respostas esperanzadoras sobre o seu futuro aguantaron ata altas horas da noite sin atopar resposta ás súas dúbidas e inquedanzas.

O que si puderon oír é que o presidente do goberno, eso sí "en funcións", dixo que traerá ante a Xustiza ao político prófugo Carles Puigdemont o cal pasou casi desapercibido para tódolos presentes agás o candidato de Unidas Podemos, Pablo Iglesias, que quedou abraiado coa intervención do mandatario socialista e así llo recriminou. Por certo, lonxe de emenda-la súa declaración, Pedro Sánchez (saben vostedes que é máis partidario de "sostenella" en lugar de "enmendalla") volveu dicir ante RNE que traería o ex president a través da Fiscalía, que está "ás ordes do Goberno"… menuda bronca recibiu de tódalas asociacións de fiscais, incluídos os progresistas, por semellante afirmación que o único que fixo foi que os que saben desto se botaran as mans á cabeza e os avogados dos presos independentistas se frotaran as mans polo que supuña de falla de separación de poderes entre o executivo e o xudicial. En fin...

Eu teño que confesar que tampouco faltei á cita co debate televisivo por varias razóns: Unha por morbo e deformación profesional, outra por curiosidade de cómo se ían portar varios dos comparecentes, pero sobre todo porque como agardaba que fora un "debate de altura" quería escoitar algunha referencia a unha das propostas máis senlleira en meses do goberno, eso si, "en funcións" sobre a creación do novo Exército do Aire e do Espacio, unha prioridade sen parangón e de grande interese estratéxico para os intereses da cidadanía.

Digo esto sin sorna senón pensando en que, ao mellor, aproveita o tema o alcalde socialista de Vigo, o ínclito Abel Caballero, para desmembrar de todo a proposta de logra-la declaración do Parque das Illas Atánticas como Patrimonio da Humanidade e lanzar a idea de converter en base de lanzamento aeroespacial, por exemplo, á illa de Sálvora e así, a falla dun Cabo Cañaveral este recuncho arousán ben podería ser a nosa estación de lanzamento para unha futura base do Exército do Aire e do Espacio, ou non?

Unha proposta de altura: Un Exército do Aire e do Espacio...
Comentarios