Opinión

As dúas caras das redes sociais

Un grupo de niños saharauis en su visita al Concello de Marín. DP
photo_camera Un grupo de niños saharauis en su visita al Concello de Marín. DP

As redes sociais son en grao sumo entretidas, teño que aceptalo. Sobre todo se as vives como unha mera espectadora e non como a protagonista, que tal e como funcionan as cousas hoxe en día hai bastantes posibilidades de que unha salga mal parada se o que publicas non agrada a quen che le. Imos, que o mesmo podería estar a me pasar a min día tras día se as miñas liñas non son do gusto dos lectores, aínda que xa saben que todo o que conto e escribo sempre o fago coa mellor intención do mundo. 

Como saberán, Twitter é unha das redes sociais onde máis disputas xorden, sobre todo coa cantidade de trolls ou haters que se esconden detrás dun perfil falso para expresar o que pensan; aínda que non todo o mundo actúa así e prefiren dar a cara coas súas opinións. De feito, estes días está a haber bastante balbordo nesta rede social por unha resposta do coñecido pianista James Rhodes a un tweet do popular Rafa Domínguez sobre a súa candidatura á alcaldía de Pontevedra. 

Domíguez escribiu unhas liñas agradecendo ao Comité Electoral do Partido Popular de Pontevedra por proporlle como candidato á alcaldía da Boa Vila. Fíxoo en castelán, algo que Rhodes criticou contestándolle cunha tradución do seu texto ao galego. Xa se poden imaxinar a que se leou. 

Pero eh, que non todo o que hai en Internet e as redes sociais son discusións e malas palabras. Hai persoas que tamén che alegran un pouquiño máis o día co seu contido e no meu caso, ademais de moitos outros, faio Fernando Iglesias, da Librería Baroja. Nos últimos meses volveuse viral en TikTok polos seus vídeos promocionando a manga, así como outros moitos xéneros. 

A súa paixón por este xénero e os cómics levoulle a conectar moitísimo coa xente nova ata o punto de que se achegan a Pontevedra desde diferentes puntos do país para comprar tomos na súa librería. Nas últimas semanas se viralizó un vídeo seu no que lanzaba o reto de que se chegaba a 50.000 seguidores en TikTok antes do 31 de xullo tatuaríase. Lamentablemente quedou nos preto de 37.000 mil, polo que non creo que haxa tatuaxe... Iso si, aínda que non haxa reto polo medio invítolles a que sigan apoiando a Fernando, tanto en redes sociais como na súa librería. 

Cambiando de terzo. Onte, un grupo de nenos e nenas saharauís do programa Vacacións en Paz da comarca do Morrazo visitaron o Concello de Marín, onde foron recibidos pola alcaldesa, María Ramallo, e a edil Marián Sanmartín, que lles fixeron unha chea de agasallos.

Comentarios