jueves. 09.07.2020 |
El tiempo
jueves. 09.07.2020
El tiempo

Bimba, xorda e feliz

A ÚLTIMA VEZ que aplaudín foi a Marcos Llorente e só por iso merezo apodrecer no inferno. Non respondín a ningunha convocatoria para saír ao balcón desde que estamos confinados. Talvez inflúa que non teño balcón. E que viva nunha rúa estreita e sen veciños. Ás veces, ás oito, escoito pandeiretas ao lonxe. Non sei se é a morte chamando por min ou un tributo aos sanitarios. Cando estou na casa, a única compaña é a de Bimba, a gata da veciña, que gabea polo muro na procura de paxaros. Bimba é xorda e branca. E non escoita as pandeiretas. Por xorda, non por branca. Por gata, e non por xorda, tampouco sabe do coronavirus. Semella tan feliz coma a señora que colle o último paquete de papel hixiénico.

Bimba, xorda e feliz
comentarios