Opinión

Setenta millóns de Trumps

Joe Biden. ANDREW HARNIK
photo_camera Joe Biden. ANDREW HARNIK

O MUNDO CELEBRA a vitoria de Biden, incluso xente que se di de esquerdas, entendo que por mera contraposición a Trump. Biden era o candidato de centro dun partido, o Demócrata, con sensibilidades que aquí irían do PSOE a á moderada do PP.

Na proclamada mellor democracia do mundo só comparecen con opcións reais dúas correntes políticas máis ben conservadoras, con matices diferenciais, claro, pero moi próximas entre si no trazo groso, pois ambas defenden o libre mercado.

Folga dicir que botar do poder a Trump, un narcisista, xenófobo, racista, misóxino e maleducado, é unha boa nova. Pero tamén é certo 70 millóns de persoas apostaron polo "neoautoritarismo", como o definiu Isabel Allende. E que Trump obtivo oito millóns de votos máis que en 2016. Que as árbores non nos impidan ver o bosque.
 

PD: Remato, logo destes días de sobreinformación sobre os Estados Unidos, cun tema do inclasificable Emilio José, que di así: "Que me importa Kim Kardashian? As de Ourense são mais guapas, também as de Lugo e as galegas e as castelhano-aragonesas"

Comentarios