miércoles. 03.06.2020 |
El tiempo
miércoles. 03.06.2020
El tiempo

Abraio

HEROES os da primeira liña e solidarios os da segunda, que son todos os demais. O representante da OMS para Europa quedou abraiado do traballo dos sanitarios españois, algo que xa sabiamos os demais e exteriorizamos cada tarde nos balcóns; e tamén se sentiu conmovido ao comprobar a onda de apoio desinteresado que aboia polo país, aspecto que aquí non é unha sorpresa por ser líder mundial en doazón e transplante de órganos, o máis receptivo a acoller refuxiados e destinar unha media superior aos 100 euros por persoa a causas solidarias ao ano. Con eses datos, non é de estrañar a cantidade de iniciativas xurdidas en apoio contra o coronavirus, de compartir o que se ten máis que dar o que excede. Moitos outros non participan por descoñecer como, pero entre todos superan sobradamente aos insolidarios que nin aportan nin sequera son quen de quedar na casa. Noutros aspectos fallamos como sociedade, pero neste impresionamos.

Abraio
comentarios