Opinión

Arredor do mercado

MEDIO país desconectou do problema que supón o prezo da luz nas vacacións de agosto, pero de volta tópase coa realidade de que o pasado mes foi o que sufriu a enerxía máis cara da historia, e segundo os expertos non se augura un trimestre á baixa, se acaso para o seguinte ano. O mercado, e nel a especulación implícita de malas prácticas, é a base do argumentario gobernamental para a inacción, cando o Executivo ten capacidade de influír tanto na parte fixa como na variable da factura; con limitacións, iso si. Promocionouse a privatización de empresas eléctricas como vantaxoso pola competencia que fomentaría a redución dos prezos, pero iso está lonxe de lograrse debido ao oligopolio que representa a acaparación do mercado por tres distribuidoras, que suman máis do 80% da clientela. Igual que se impulsaron encoros como beneficio público, e así constaba nas expropiacións; pero só favorecían, e seguen, contas privadas, e de moi poucos. 

Comentarios