Opinión

Beneficiados dunha moción imposible

As mocións de censura ou prosperan ou soen volverse en contra dos que as subscriben. En 40 anos nas catro anteriores só unha triunfou no Congreso, a que levou a Sánchez á presidencia do Goberno; as tres restantes non beneficiaron aos candidatos: González contra Suárez, Mancha contra González e Iglesias contra Rajoy. Desta volta a de Abascal contra Sánchez só pode favorecer a quen teoricamente é atacado, pois facilítalle unha plataforma argumentaria e translucirá un resultado inmensamente benévolo. Pero esa non é a guerra do aspirante radical, senón a que libra por liderar a dereita aproveitando a febleza do PP, cun presidente cuestionado internamente e un discurso entre a moderación e o extremismo que reflicte inconsistencia. A forte estrutura territorial popular resiste ante o embate ultradereitista, polo menos ata agora, pero Vox con esta moción pretende máis achicar o seu socio que barrenar o Goberno, que nesta lexislatura sabe imposible.

Comentarios