Opinión

Deporte político

ESPAÑA vén de disputar en Kosovo un partido de fútbol clasificatorio para o Mundial de Catar. Isto foi posible porque están no mesmo grupo e a Uefa aceptara en 2016 a federación deste país independente desde 2008 aínda que non recoñecido por cinco membros da UE (España entre eles) e moitos outros do mundo. Tamén están admitidos xa de antes aínda que non sexan Estado Xibraltar, Escocia, Gales, Irlanda do Norte e Illas Feroes, pero non Cataluña ou Euskadi, a pesar de telo intentado. Política deportiva, a mesma que non admite enfrontamentos entre equipos de Ucraína e Rusia debido ás súas tensións, incluso bélicas. Sucede cando se producen incompatibilidades políticas, como a de España con Xibraltar, que nunca se poderán enfrontar porque así o demandaron as autoridades españolas. Por iso o de Kosovo foi máis que un encontro futbolístico, celebrado porque o Goberno neste caso non reclamou para que se evitase nunha non-decisión política.

Comentarios