Opinión

Na economía do deporte, marcar distancias

Dos aficionados del Chelsea, con carteles contra la Superliga. NEIL HALL
NON LLE chamemos deporte. Trátase de economía deportiva. Nada novo. Grandes empresas do fútbol profesional argallaron unha nova competición para mellorar os números dos seus exercicios e marcar máis distancia con todos os demais. Esa era a única pretensión. Nada dista do que ocorre en calquera outro sector, porque os mercados, que son os que dominan o mundo, funcionan así. Os xa poderosos emporios Real Madrid, Juventus, etc. serían máis ricos e en contraposición todos os outros estarán a máis treito, deportivo tamén, pero iso é o de menos no mundo do fútbol aínda que algúns afeccionados non o vexan, pero sobre todo económico; igual que ocorre coa distribución da riqueza nos estados occidentais, nun sistema que parecía esgotado, pero que se readaptou para que nada cambiara. Se se concretara a Superliga —difícil tras as desercións—, sociedade selecta como o Ibex ou o Nasdaq, sería o símbolo máximo da economía deportiva liberal.

Comentarios