Opinión

Mala educación institucional

OS DEPUTADOS prometen ser educados. Así titulaba un periódico catalán unha reunión de dirixentes de todos os partidos representados no Parlament co presidente da Cámara, logo de anos de irritación, palabras grosas e descualificacións persoais. Boa falta fai que así sexa, pois enténdese a vehemencia nun debate, pero é inadmisible a falta de respecto, neste ou noutros foros como o Congreso, onde hai pouco se puideron oír adxectivos como golpista, indigno ou autoritario. E non só iso. Os desprezos duns deputados a outros son continuos mentres alguén diserta desde a tribuna ou ten a quenda no escano. Incluso son reprobables os aplausos, como se dunha actuación nunha obra teatral se tratara e os correlixionarios fosen o público; parécese máis a un mitin que ao que deberían ser intervencións na sede da soberanía popular. Coa crispación asoman monstros que se saltan as normas mínimas de cortesía. E así acrecentan o descrédito da política.

Comentarios