Opinión

Un país cada vez menos respectuoso

AS REDES sociais substitúen, ou amplifican, o bar como lugar do improperio. Antes raramente chegaba un insulto en privado a querela, pero agora coas multicomunicacións se isto segue así, e non parece que vaia frear, os xulgados van ter que ser dotados dun especial para tratar os delitos de odio. Miles de internautas burláronse sen pudor da morte do fiscal xeral e a alcaldesa de Madrid foi insultada e ameazada por policías. No proceso catalán, raro foi o representante público que non resultou ultraxado por cuestións ideolóxicas. Quedará como o máis evidente a chanza de varios membros das forzas de seguridade do Estado cando o exvicepresidente da Generalitat era enviado ao cárcere. Foi en privado, pero transcendeu. Un país no que non se garda respecto, sexa por persoas particulares, públicas ou axentes, a relación vólvese insá, viciada, e deixa en entredito a sociedade, o país.

Comentarios