Opinión

Permanente crise para manterse vivo

PRACTICAMENTE desde que naceu e emerxeu nas eleccións europeas de hai cinco anos subsiste nunha crise permanente, como se precisara enfrontamento interno, pero aínda así mantense no centro da vida política española. Podemos acaba de sufrir outro terremoto na Comunidade de Madrid coa desbandada de Errejón, xa alonxado desde había tempo de Iglesias e plasmado no Asemblea Cidadá de 2017. E ademais deste conflito partidista, colide coas chamadas confluencias tamén en Madrid e mais noutros territorios (Galicia, Cataluña, Comunidade Valenciana). Pero se Podemos treme con este estourido, a outros partidos cos que mantén pactos chega a onda expansiva, sobre todo ao PSOE, pois tanto en Madrid como noutros importantes concellos e comunidades un representante pode ser decisivo para que goberne a suma de esquerdas ou dereitas, porque cada vez máis isto parece un país de frontes, pois Podemos e Cs deixaron de ser transversais.

Comentarios